jueves, 18 de abril de 2024

" REcollida de alimentos no SPAR EXPRESS DE MEIRA "

 O alumnado do CEIP A GUÍA organiza unha recollida de alimentos no SPAR EXPRESS de Meira (Moaña) para doar ao BANCO DE ALIMENTOS. Do 22 ao 26 de abril podes facer a túa aportación. Colaboremos para axudar aos máis desfavorecidos!#bancoalimentosvigo #ceipaguiamoaña #voluntariado

https://www.instagram.com/reel/C54UZYcN982/?igsh=aWtjbG5jamt0d296 

martes, 16 de abril de 2024

"VOLEIBOL - XOGADE"


  O venres, 12 de abril, participamos no Programa XOGADE, organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coas Agrupaccións Deportivas Escolares para a promoción e dinamización do deporte escolar. Xogamos uns partidos de voleibol con diferentes colexios do Morrazo. Pasámolo moi ben.



 


" O mundo de Iño "

 O pasado venres 12 de abril o alumnado de sexto de primaria inicouse na aprendizaxe da lingua portuguesa no obradoiro " O mundo de Iño", ofertado polo Concello de Moaña dentro da campaña 21 días en galego. Nel puideron aprender un pouco máis sobre a cultura portuguesa, a súa língua e costumes así coma algo de gramática básica. Esta actividade tivo unha moi boa acollida por parte do alumnado.





" Pingüin "

O alumnado de infantil acudiu o pasado martes A Banca a ver a obra de teatro " Pingüi. Aquí deixamosvos a mostra. Que ven o pasamos!!




" Escape room "

 Con motivo da celebración da semana da pascua, dende o equipo de biblioteca creamos un divertido escape room da busca do tesouro dos ovos de chocolate. O alumnado tivo que resolver unha serie de enigmas, tanto lingüísticos coma matemáticos para obter as chaves e os códigos correspondentes para acadar abrir o cofre do tesouro. Para abrir cada sobre cos retos, tiñan que resolver o reto anterior e obter dese xeito as chaves. Pasámolo xenial!!




jueves, 21 de marzo de 2024

" Chocolatada "

 Hoxe todo o alumnado de educación infantil acudiu ao Bar do Latón para degustar un riquísimo chocolate con churros. Moitísimas grazas a  Rosa e Jacobo pola súa amabilidade e polo seu cariño. Voltaremos😍.




" Creando "

O Alumnado de educación infantil estivemos experimentando con novas ferramentas TICs. Fixemos maxia coas nosas propias ilustracións dos contos "O Monstruo Rosa" e "Na casa dos tres porquiños cheira mal".

Esperemos que vos guste tanto coma a nós.

https://biblioaguia.blogspot.com/2024/03/ferramentas-tics-2.html