viernes, 26 de abril de 2013

" VISITA DE IAGO ASPAS "

       O pasado xoves 18 de abril, tivemos o privilexio de coñecer a Iago Aspas, natural de Meira e que actualmente xoga na primeira plantilla do Real Club Celta de Vigo. Dedicounos unhas palabras, regalounos uns toques de balón e firmou a todo ao alumnado uns pósters agasallo da compañía telefónica VODAFONE.
      Dende o centro, e especialmente o alumnado, quérenlle agradecer o detalle de regalarnos entradas para asistir o partido de Balaídos que enfrontaba o Real Club Celta de Vigo e o Real Zaragoza.


martes, 23 de abril de 2013

" VISITA DE MANUEL FERVENZA "

O pasado venres 5 de abril, tivemos a sorte de que no noso cole dera o seu primeiro concerto en España Manuel Fervenza.Un coñecido cantante sueco, gañador dun programa radiofónico similar a Operación Triunfo.Estivo acompañado do seu sobriño, alumno deste centro, Ares, que tocou a batería. Aproveitamos para cantarlle o “Happy Birthday” porque estaba de cumpleanos.
Dende a área de Inglés, comprometémonos a aprender a súa canción máis coñecida “The lucky one”, grabarlla en vídeo e enviarlla. El, a cambio, colgaráa na súa páxina web.
Dámoslle, unha vez máis as grazas, pero agora dende o noso blogue, por un concerto inesquecible.

http://www.youtube.com/watch?v=y0QD7l5cloI

viernes, 12 de abril de 2013

" ALMORZOS SAUDABLES NA IDADE ESCOLAR "

          Estimado Pai/Nai/Titor:

           Os días 15,16,18 e 19, no colexio faremos unha actividade de Educación para a Saúde: "Almorzos saudables na idade escolar", en colaboración coa Delegación Provincial de Sanidade. O obxectivo e intentar que os rapaces coñezan a importancia que ten o almorzo como primeira comida do día.
          Nestes días o teu fillo/a almorzará no colexio ás 9:05 h da mañá, deberá pois vir en xaxún.
          É de interese, para ti pai/nai/titor, e sobre todo para o teu fillo/a, que veñas con el ese día, si che é posible, e interveñas na preparación.
          Neste colexio lévase realizando esta actividade dende hai oito cursos; durante os cales os nenos coñeceron distintos tipos de almorzos: inglés, francés, mediterráneo...,polo que consideramos conveniente introducir un novo tipo de almorzo, seguindo así o noso obxectivo: conseguir que varíen a súa dieta sen deixar de ser saudable.
           O almorzo que propoñemos este curso consistiría en :
  • Macedonia tres froitas+ zume.
  • Iogur natural (endulzado con mel ou azucre).
  • Biscoito.
  • Auga.         

          O/A teu/túa fillo/a debe traer o seu enxoval: prato, vaso, culler e cepillo de dentes.
          Se ten algunha enfermidade metabólica ou intolerancia aos alimentos, comunícallo ao seu/súa titor/a.
          Se non pode ou non queres que acuda a esta actividade deberás notificalo por escrito ao titor/a ou a Dirección do centro.


" OBRADOIROS DE COCIÑA"

         O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está a realizar un obradoiro de cociña. Buscaron receitas para traer á clase e comentalas. A posteriori, fixeron algunha receita propia.
          Durante o tempo de recreo, por grupos, o alumnado cociña e degusta os produtos das receitas que eles mesmos escolleron con anterioridade.


         Bo apetito!                            Que aproveite!


        Bon appetit!                           Que aproveite!


              Esta actividade tivo moito éxito entre o noso alumnado e agora todos están desexosos de asistir ao mesmo.



miércoles, 10 de abril de 2013

" VACANTES PARA O CURSO 2013-2014 "

        As vacantes para o vindeiro curso son as seguintes:

  1. 4º de educación infantil---22 prazas + 3 prazas (a.c.n.e.a.e).
  2. 5º de educación infantil---8 prazas.
  3. 6º de educación infantil---15 prazas.
  4. 1º de educación primaria--10 prazas + 3 prazas (a.c.n.e.a.e.).
  5. 2º de educación primaria--14 prazas.
  6. 3º de educación primaria--14 prazas.
  7. 4º de educación primaria---4 prazas.
  8. 5º de educación primaria--14 prazas.
  9. 6º de educación primaria---9 prazas.