jueves, 27 de junio de 2013

" Brilé de profesores"

Dentro do programa do I Torneo de Primavera incluíuse un partido de brilé onde participamos todo o profesorado do centro. Darlle a enhoraboa ao equipo gañador, o equipo B.



A mestra de Educación Física levou a cabo na última semana de xuño un Torneo de Primavera onde o alumnado, por ciclos, competiu en diferentes modalidades deportivas coma: baloncesto, balonmán, floorball, ultimate, brilé (incluído de profesorado), lebres e pañuelito.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow created with Smilebox

miércoles, 26 de junio de 2013

"ANUNCIO"

Os pais ou titores dos/as alumnos/as que remataron sexto de primaria, deberán recoller a documentación na secretaría do centro en horario de 10 a 14 h.

"COMEDOR ESCOLAR 2013-2014"

O comedor escolar o vindeiro curso, pasa a depender da Consellería de Educación. Os prezos serán os seguintes:

  • 0 €.Unidades familiares con renda anual renta per cápita inferior a 7.000 €. Alumnos/as cun grado discapacidade = 33%.
  • 1 € por día. Unidades familiares con renda anual per cápita de 7.000 a 8.000 €.
  • 2,50 € por día. Unidades familiares con renda anual per cápita de 8.000 a 9.000 €.
  • 4,50 € por día os demais usuarios.


" SAÍDA A CERCEDA"

Con motivo de que o alumnado de sexto de primaria, quedou de suplente no concurso ECOPREGUNTOIRO de radio voz, o centro (3º,4º,5º primaria) foi convidado a ir ao parque acuático de Cerceda na Coruña.




martes, 25 de junio de 2013

"Colaboración no novo disco de Susa Herrera"

O pasado venres 7 de xunio volveu a vir a noso centro a cantautora Susa Herrera para facer unha colaboración con ela. O alumnado de 1º, 3º, 4º e algún alumnado de 5º de primaria participaron na garavación dunha canción do seu novo libro-cd. Fixeron dúas versións unha en castelán "El elefante" e outra en galego "O elefante".





viernes, 14 de junio de 2013

" II SEMANA INTERNACIONAL DAS LINGUAS"

A semana pasada levouse a cabo por parte da mestra de inglés, a semana internacional das linguas, alternativa educativa que pretende acercar diferentes tipos de cultura ao alumnado do centro. Realizáronse actividades coma: degustación dun almorzo inglés, exposición de contos do mundo,contacontos en inglés, visionado de películas e traballo con cantigas en diferentes idiomas (portugués, finés, inglés, francés, italiano, galego...), etc.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free picture slideshow

jueves, 6 de junio de 2013

" CONCURSO O LINGUAXEIRO "

Neste momento o alumnado de 5º e 6º de primaria, están inmersos nun concurso de lingua que ten como finalidade profundizar nos contidos do ciclo.


" OS MAIOS NA GUIA "

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own picture slideshow