jueves, 28 de abril de 2016

Concerto de Mamá Cabra


O alumnado de Ed. Infantil acude ao concerto de Mamá Cabra no Teatro AFundación de Vigo. Posteriormente, merendan e fan un pequeno descanso no Parque de Castrelos.



Visita á Praza de Abastos de Moaña


Os cursos de 1º, 3º e 5º E.P. visitan a Praza de Abastos de Moaña.

Teatro en inglés

Os alumnos/as de 6º de Ed. Primaria van ao IES As Barxas para desfrutar da obra
 "Sleepy Hollow".
Unha das nosas alumnas foi escollida polos actores para axudalos nunha escena.

Os Elefantes científicos


A clase de Elefantes está a traballar os experimentos coa axuda das familias. Hoxe acompañounos a nai de Alex (Irene).
 Moitas grazas a todas as mamás e papás que veñen a amosarnos estas chuladas!

martes, 26 de abril de 2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2016 - 2017

 
Informamos que todos os alumnos e alumnas que fixeron reserva de praza para o vindeiro curso 2016 - 2017 están admitidos.
 
O período para formalizar a matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.
 
Ao longo do mes de xuño o centro chamará persoalmente ás familias que solicitaron praza en 4º de Ed. Infantil co obxectivo de manter unha reunión.

viernes, 22 de abril de 2016

miércoles, 13 de abril de 2016

Contacontos

Hoxe escoitamos a Iago quen nos amenizou cun fabuloso contacontos: 
 "Feliz Feroz, o lobiño riquiño"

viernes, 8 de abril de 2016

Xogo da chave

O Clube de Tiro á Chave do Morrazo visita o noso centro e nos ensina un pouco máis sobre o xogo da chave.