viernes, 31 de marzo de 2017

" O alumnado de infantil visita a ludoteca de Moaña"

O luns 20 de Marzo os nenos e nenas de EWducación Infantil tivemos unha visita á ludoteca de Moaña. Primeiro fomo recibidos por Bibi e Sara que nos amosaron a Ludoteca e todo o que podemos facer nela e logo preparamos unhas fermosas paletas de pintores coas caras das súas mascotas LUDO e TECA. Despois de xogar e merendar xuntos saímos cara o parque do barco pirata onde corremos, saltamos, xogamos, rimos e disfrutamos … ¡xuntos!









viernes, 24 de marzo de 2017

" Descubrindo o bosque de Ribeira"

Tivemos unha charla no centro, dentro do programa de "Aprende Moaña" na que coñecemos un pouquiño máis o bosque de Ribeira.




" 3,2,1...Poesía"

Alumnado de quinto e de sexto fixeron un vídeo do poema de Rosalía " Adiós ríos, adiós fontes" para colaborar co colexio CEIP de MONTEMOGOS nunha das súas actividades que consistía en facer un vídeo-poema. Un pracer colaborar con vós.
https://www.youtube.com/channel/UCv7BH0jkCX5jdcEbfYMrK5g

miércoles, 15 de marzo de 2017

"Os de sexto asisten a obra de teatro What`s up Romeo?"









"Avespa Velutina"

Onte estivo no centro Fran, mestre do IES Paralaia e membro da asociación de apicultores de Moaña, dándonos unha charla sobre as avespas velutinas ou asiáticas. Tanto das súas características coma dos seus perigos. Tamén aprendemos a facer trampas para atrapalas. Fixemos algunhas para a casa e outras para quedar no centro. Moitísimas grazas por dedicarnos un pouco do teu valioso tempo!


 


















jueves, 9 de marzo de 2017

" Día da muller"

Onte asistimos ao concello para colocar o cadro que fixemos reproducindo unha obra de Nerina Acurso para conmemorar o día da muller 



José Ramón e  María José, pais de Mara de caracois, viñeron a contarnos os contos de Artur e A cebra Camila a través do Kamishibai. A verdade que foi unha experiencia novidosa para nós que nos encantou. Temos que repetila...Moitas grazas por vir a visitarnos e polos agasallos. Sodes xeniais!!










" Visita de María Solar"

Para nós foi un auténtico pracer coñecer este martes a María Solar que nos veu a falar do seu libro " A verdadeira historia da mosca da tele". Aprendemos moitas cousas sobre as moscas e nos enganchou coas súas anécdotas. Marabillosa escritora e mellor persoa. Moitas grazas por pasar unhas horas con nós.





  









O alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria asistiron a Fundación para ver a obra de teatro Paxaro amigo. Músicas para a paz e visitaron tamén no Marco a exposición da pintora galega Maruja Mallo.
 











"Pintando o muro da entrada do cole"


miércoles, 8 de marzo de 2017

jueves, 2 de marzo de 2017

" Nós tamén creamos"




Este curso o noso centro participa no proxecto “Nos tamén creamos!” organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do programa PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
“Nos tamén creamos!” é un programa de promoción da adquisición, uso e valoración da lingua galega na aula. Dentro deste programa crearemos unha curtametraxe en galego aplicando a técnica stop motion.
O centro foi dotado cunha colección de contos en galego de OQO Editora e entre eles escollemos o libro de …
¡A GUERRA DOS NÚMEROS!

Nas vindeiras semanas iremos contándovos como evoluciona o noso proxecto ata chegar á creación da nosa propia curtametraxe.
¡¡ Aquí deixámosvos un resumo dos inicios da nosa aventura !!
Desexamos que vos guste!!