martes, 30 de mayo de 2017

CHARLA SOBRE SEXUALIDADE

     Este luns 29 de maio, tivemos unha charla sobre sexualidade para os alumnos/as de 5º e 6º EP impartidas pola matrona do centro de saúde de Moaña e pola asistenta social do concello.






martes, 23 de mayo de 2017

" Clase de Remo"

O xoves pasado tivemos unha clase práctica de remo impartida polo Clube de remo de San Bartolomeu para o alumnado de cuarto, quinto e sexto na playa do Cocho. Foi xeniallllllllllllllll!

 



















" Actuación dos de cuarto na inaguración do COMICON "


" Día da familia "

O pasado día 15 de maio no centro celebramos o día da familia onde lemos un manifesto e logo fixemos un mural onde cada neno e nena colgou o debuxo da súa familia.

















jueves, 11 de mayo de 2017

Atletismo

O alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria asistiu a unha xornada de achegamento aos fundamentos básicos do atletismo, na que a parte de aprender máis sobre o deporte puideron competir con outros centros da zona.

miércoles, 10 de mayo de 2017

" Comicón intercentros "

Os días  12 e 13 de maio desenvolverase en Moaña a COMICÓN INTERCENTROS, que dará cabida en diversos escenarios da vila  á diversas actividades relacionadas coa banda deseñada, a ilustración e outras manifestacións vencelladas á cultura pop (flashmob, cosplay, anime, xogos de rol...).

Este evento é o resultado dun traballo desenvolvido por varios centros de ensino do Morrazo (IES A Paralaia, IES As Barxas, CEIP Seara, CEIP Reibón, CEIP A Guía, CEIP Domaio e CEIP Quintela), no contexto de varias actividades formativas,  que tiveron como eixo vertebrador a banda deseñada. Esta proposta xurdiu á iniciativa do alumnado destes centros, e ademais contaron coa colaboración do concello da localidade e alumnado de outros centros.
 
Prégamoslle faga disfusión deste evento entre a comunidade educativa do centro, para o que adxuntamos carteis publicitarios coa programación de actividades (concursos, exposicións, obradoiros, flashmob,  cosplay, manequin challenge.
Pódese consultar más información na páxina web https://www.comicmoanha.com/




" Excursión de sexto..."

Os nosos maiores disfrutando da súa merecida viaxe!


" Correlingua"

O noso alumnado de terceiro, cuarto e quinto de educación primaria asistiu onte ao Correlingua en Moaña. No palco Luis o Caruncho coa súa animación, alumnas dos IES Paralaia e As Barxas con manifestos e a música da banda TicTacToc.



miércoles, 3 de mayo de 2017

" Actuación musical GATUXO"


 O Mércores 26 os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutamos da actuación musical … GATUXO!
Polo camino, os nenos e nenas cantaron no bus, divertíronse ao pasar polo túel, ensinaron as súas casas e as de todos os familiares e compatiron experiencias de viaxes cos seus compañeiros e compañeiras e sobretodo… disfrutaron xuntos do camino!
Logo bailamos e cantamos con Jorge Juncal, María Faltri e Magín Blanco e disfrutamos da Gatuxa e o Gatuxo que nos soprenderon e nos fixeron rir moito.
Despois desta fermosa actuación saímos cara ó parque de Castrelos onde merendamos e xogamos na area, nos tobogáns,na colchoneta, na tirolinas e no barco, nun espazo … que nos gustou moito!!
Mirade que ben o pasamos!