lunes, 18 de diciembre de 2017

" Educación vial "

O alumnado de quinto e sexto asistiron o pasado venres ao Ceip de Reibón para asistir a una xornada de educación vial impartida pola DGT en colaboración con concello de Moaña.





viernes, 15 de diciembre de 2017

" Obradoiros de educación infantil "



Aquí vos deixamos unha mostra do que facemos nos nosos obradoiros mixtos de 3,4 e 5 anos. Cada mércores os equipos van rotando polas tres aulas de infantil nas que realizan obradoiros de robótica, arte e realidade aumentada. Para comezar no obradoiro de realidade aumentada descubriron como é o corpo por dentro e atoparon diferentes animacións agochadas. No obradoiro de robótica comezaron a manexar o bee bot e conseguiron levalo ata as letras que forman os seus nomes. No obradoiro de arte descubriron a Yayoi Kusama e ás súas obras de arte creadas con círculos e realizaron autoretratos ó estilo desta artista. 


viernes, 1 de diciembre de 2017

" Campo a través-XOGADE"

O alumnado de segundo e terceiro asistiu hoxe ao parque de Meira para participar na actividade  "campo a través" organizado por XOGADE ,programa de deporte escolar da Xunta de Galicia.
Grazas a profesora Carmen por animarnos a participar en esta actividade. Estivo xenial!



" O CEIP a Guía asiste a un pleno municipal"

O noso alumnado de quinto e sexto asistiron onte a un pleno organizado polo concello para o alumnado dos centros educativos de Moaña. Neste pleno, tivemos uns representantes do noso alumnado que foron os encargados de ler un manifesto en favor dos dereitos das crianzas e do medio ambiente. Ademais, aportaron suxerencias ao concello para mellorar  a súa labor social a favor dos cidadáns e cidadás.
ENHORABOA O NOSO ALUMNADO!

 Moitas grazas ao noso profesorado Santiago e Higinio.