viernes, 27 de abril de 2018

" Fp innova"



" Fp innova "

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organozou  FP Innova Galicia 2018, Congreso de Innovación na Formación Profesional,o que asistiu o noso alumnado de quinto e sexto no día de hoxe.





 

" Un libro, un agasallo"


" Un libro, un agasallo "

Esta actividade consistiu en que o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto tiñan que pensar nun libro que lle regalarían ao seu mellor amigo ou amiga e facer un debuxo ou ben, escribir un resumo do mesmo. Logo con todos os traballos, fixemos un mural que está exposto no corredoiro do colexio.






" Contacontos a cargo da mestra Olga "

Olga, a mestra de inglés, contounos aos/as  nenos/as de educación infantil e de primeiro e segundo de pimaria o conto de ¿Quien viene esta noche?Estivo xeniallllllllll...







" Apadrinamentos lectores "








miércoles, 25 de abril de 2018

" Charla de sexualidade "

Hoxe no centro tivemos unha charla de sexualidade para o alumnado de quinto e sexto impartida pola matrona do concello de Moaña.



 
 




" Charlas de violencia de xénero e acoso escolar "


Tivemos a sorte de contar onte no centro, coa presenza da garda civil para levar a cabo unhas charlas co alumnado de quinto e sexto sobre a violencia de xénero e o acoso escolar. Pola tarde, fixose unha charla para pais e nais sobre os perigos das redes sociais.

 
 


" 23 de abril día do libro "

Xuntámonos todos no patio para escoitar coma os/as mestres/as lían o conto viaxeiro que fixemos no centro, dende tres aniños ata sexto. Que bonito nos quedou!























































































viernes, 20 de abril de 2018

" Linguaxe de signos "

Tivemos a sorte de contar no centro con Yoli, unha intérprete de signos que nos veu a acercarnos un pouquiño a esta linguaxe. Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.







" Andaina ata o lavadoiro"

O mércores 18 fixemos unha andaina dende o centro ata o lavadoiro do río de Meira onde fomos recibidos por Isolina (quen previamente nos dera unha charla e nos contou anécdotas deste lavadoiro). Ademáis, a señora Mucha fíxonos unha demostración de como se lavaba alí e o alumnado tivo a sorte de poder experimentar. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e por suposto e sobre todo, ao Profesor Javier que o da todo en todo aquelo que propón. Grazassssssssssssss