viernes, 21 de diciembre de 2018

BO NADAL. VÉMONOS O 8 DE XANEIRO



miércoles, 19 de diciembre de 2018

" Visita a Balaídos "

O alumnado de cuarto, quinto e sexto asistiron hoxe as instalacións de Balaídos. Puideron tocar o céspede e sentir de primeira man o que sinten os xogadores cando entran no campo. Tamén puideron ver o seu museo onde puideron apreciar toda a súa historia. Moitassssssssss grazasssssssss por recibirnos.







" Asociación Astro Vigo"


Os alumnos de
1º de Primaria e de Educación Infantil coñeceron onte os segresos do espazo grazas á visita de Hugo e Helena, da asociación da Asociación Astro Vigo (Asociación Astronómica de Vigo).
Na biblioteca, os pequenos preguntaron dudas e coñeceron de primeira man o funcionamento dun telescopio.
A intención era incluso utilizar o telescopio para observar a longas distancias dende o patio do centro escolar, pero as choivas da mañá de onte fixeron que non se puidese saír ao exterior e poder probalo. A verdade que foi una mágoa,  aínda que valeu igualmente a pena.

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12/19/alumnos-colegio-guia-aprenden-secretos/2019453.html








" Carta a PEDRO DUQUE "


ESCRIBIMOS UNHA CARTA … ¡ A PEDRO DUQUE!

Na nosa investigación sobre o Espazo descubrimos a grandes astronautas como Valentina Tereskova, Yuri Gagarín, Neil Armstrong e Pedro Duque.

Cando descubrimos que Pedro Duque vivía no noso país os nenos e nenas tivérono claro:  ¡podemos escribirlle unha carta!

Así que os Caracois, Osos e Elefantes puxéronse mans a obra e despois de dialogar, tomar decisións e facer algún que outro borrador, crearon unha fermosa carta na que lle explican a Pedro Duque cómo descubriron que era un astronauta famoso e que cómo crearon o seu propio planetario. Nesta mesma carta, fánlle preguntas sobre como conseguiu o seu traxe ou como chegou tan lonxe e por suposto, convídano a que veña a visitar a nosa escola.

Esta carta, vai acompañada de outra que escribiron as súas mestras Eva e Lucía onde lle explican a Pedro Duque o gran significado que ten a carta creada polos nenos e nenas e o gran traballo que hai detrás dela.

E… dende o sábado as dúas cartas van camiño do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. 




" O noso planetario "


DISFRUTAMOS E APRENDEMOS NO PLANETARIO " A GUÍA”

Xa vai un tempo que temos o noso planetario rematado con todas as aportacións das familias e dende aquí queremos agradecervos a todos e a todas a vosa colaboración e participación neste gran proxecto.

Xuntos creamos un espazo de aprendizaxe cheo de cohetes, planetas, estrelas, astronautas, naves, etc. onde os nenos e nenas están aprendendo e gozando moito.

Nestes días os Osos, Caracois e Elefantes fixemos unha sesión conxunta coa luz negra dentro do planetario e observamos como brillaban moitas obxectos que temos dentro … ¡foi moi divertido!









" Living Dinosaurius y la edad del hielo "

Todo o alumnado do centro asistiu o pasado venres a exposición "Living Dinosaurius y la edad del hielo". Unha experiencia única e irrepetible.




viernes, 14 de diciembre de 2018

" Cesta de Nadal "

O alumno de sexto de educación primaria , Leo Roddríguez Sánchez, quiso sortear unha cesta de nadal para recaudar fondos para a súa viaxe de fin de curso. Temos que felicitar a mercería de Moaña Chévere por ser a agraciada. ENHORABOAAAAAAAAAAAA!!!


" Xoguetes reciclados no patio "


 Aproveitando que este ano o centro  ten como tema central a música, colocamos no patio unha serie de instrumentos musicais feitos , polos nenos e nenas, con material de refugallo. Ímolo pasar xenial!!!!


 





miércoles, 5 de diciembre de 2018

" Planetario hinchable "

O pasado venres tivemos no centro, unha experiencia super interesante que nos encantou. UN PLANETARIO INCHABLE. A experiencia que vivenciamos foi única, experimentando cousas coma ver os movementos da terra, os diferentes planetas e as súas órbitas e incluso chegar a marte.















lunes, 3 de diciembre de 2018

" Por catro esquinas de nada "

Aquí vos deixamos a obra maestra que realizou o alumnado de primeiro de educación primaria a partires do libro " Por catro esquinas de nada". Un traballo cooperativo onde cada un deles e delas puxo o seu graniño de area e que coma resultado final tivo esta gran composición. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.


" O magosto na guía..."


" O planetario da Guía "

Os nenos e nenas de educación infantil comenzaron outro curso investigando. Nesta ocasión, sobre...O UNIVERSO! Os mestres EVA, José Ramón e Lucía comenzaron a construír un planetario que pouco a pouco foise completando cos traballos que realizaron os/as nenos/as coas súas familias. Ao planetario da Guía foron chegando planetas,cohetes, estrelas, sol, satélites, astronautas, naves espaciais, meteoritos, asteroides cos que o alumnado está aprendendo moitas cousas.
Durante estas semanas,levamos a cabo obradoiros nos que decoramos o cartel do planetario, pintamos estrelas con pintura florescente, construímos un cohete, decoramos un photocall, pintamos superficie luar e sobretodo APRENDEMOS; XOGAMOS; RIMOS E GOZAMOS XUNTOS!!
Nos próximos  días remataremos a montaxe do planetario e amosaremos as fotos do resultado final.

MOITAS GRAZASSSSSSSSSSSSSSSS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN...