lunes, 28 de enero de 2019

" A radio interésase polo Ceip a Guía "

Aquí vos deixamos o enlace a maravillosa entrevista que lle fixeron a nosa mestra Lucía. A verdade que temos que felicitala por que o fixo xeniallllllllllllllll! Enhoraboaaaaaaaaa....

http://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-24-01-2019-4019174

jueves, 24 de enero de 2019

" Falan de nós en littlevigo "


Aquí vos deixamos os enlaces para ver o que din de nós. Moitísimasssssssssssssssssss graciasssssssssssssssssssss a Rocío por adicarnos un anaquillo do seu valioso tempo e como non de facernos un oco no seu blog. Enormemente agradecidosssssssssssssssssssssssss! e por certo estás convidada a visitarnos cando queiras...


http://www.littlevigo.com/ceip-guia-moana/

https://www.facebook.com/208898562573373/posts/1461505580645992/


" A radio toca a porta do noso cole"

Hoxe con motivo da carta que a pasada semana recibimos do ministro Pedro Duque, chamáronnos da radio e fixéronlle unhas preguntas a Martín  Gil  (elefantes) e a Aynara (osos) sobre esta experiencia e o noso proxecto do espacio. Esta tarde, no programa da RADIO TELEVISIÓN GALEGA, sobre as seis aproximadamente, entrevistarán a nosa mestra de educación infantil Lucía Costa no programa A tarde. Preparádevos para escoitar a nosa maravillosa mestraaaaaaaaaaaaaaaa....!



" RETO: incubación de ovos de patos "

Estes días no cole, debido a que as nosas galiñas están pondo ovos, propusemos un RETO onde o alumnado ten que resolver a pregunta que lle plantexamos relacionada co PROXECTO de INCUBACIÓN DE OVOS DE PATOS que estamos levando a cabo no centro. Entre aqueles que acerten, sortearase a recompensa que serán os ovos das nosas galiñas. A verdade que o alumnado está super ilusionado e motivado co reto.

" Prensa Escuela"

O alumnado de quinto e sexto de primaria traballan os mércores co periódico, xa que todos os mércores dispoñen dun exemplar cada un por estar o centro no programa "Prensa Escuela" da VOZ DE GALICIA.








martes, 22 de enero de 2019

Taekwondo

O Clube de Taekwondo Hebe visita o noso centro mediante o programa XOGADE. Grazas por ensinarnos unhas nocións básicas sobre este deporte tan interesante.



" Faro de Vigo"

Hoxe saímos na prensa...
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/01/22/pedro-duque-traslada-universo-ninos/2037307.html


" Días de paz"

Dende onte e ata o próximo mércores trinta, día mundial da paz, cada un dos nenos e nenas do cole adicará unha canción no tempo de recreo. Polo que o seu tempo de goce será un tempo onde escoitarán e gozarán das súas verbas e as cancións que eles e elas escollan. Neste caso, o turno era o do alumnado de quinto de primaria.



" Diseñando un Power Point "

O alumnado de terceiro de primaria esta diseñando un Power Point para levar a cabo unha exposición oral na área de lingua castelá sobre un tema relacionado coa música. Cada un/unha escolleu unha temática diferente: instrumentos, grupos, estilos musicais...









" O corpo humán "

O alumnado de primeiro estivo traballando no seu proxecto " O corpo humán". Foi un proxecto moi divertido onde aprenderon moitas cousas e onde as familias tiveron un papel moi importante colaborando cos/as seus/súas fillos/as. Aquí vos deixamos unha mostra, esperamos que vos guste...



































viernes, 18 de enero de 2019

Hoxe tivemos unha grata SORPRESA no cole! Recibimos a resposta do noso ministro de CIENCIA, INNOVACIÓN e UNIVERSIDADES ,PEDRO DUQUE.

O alumnado de infantil e todo o profesorado estamos moi contentos, especialmente as profesoras de educación infantil e queremos agradecer de corazón este gran detalle. Aquí vos deixamos a mostra!



















jueves, 17 de enero de 2019

O alumnado de cuarto, quinto e sexto asistiron hoxe a obra de teatro en inglés" Rap &Pan "