sábado, 23 de marzo de 2019

" Un toque de cor "

A nova imaxe dun dos muros do patio de educación infantil. Esperamos que vos guste...Graciasssss Pablo Loyola.





" Xornada intercentros "

O alumnado de quinto e sexto de primaria asistiron onte a unha xornada intercentros organizada por centros do morrazo dentro do programa XOGADE, iniciativa da Conselleria de Deporte. Ao noso centro tocounos esta vez visitar  o centro Ceip Plurilingüe Espiñeira Aldán para xogar a baloncesto, balonmano, fútbol sala e axedrez. A experiencia sempre resulta motivadora. Moitas grazas ao Ceip Plurilingüe Espiñeira Aldán pola súa calurosa acollida e pola súa marabillosa atención.








" 21 de marzo"

O xoves 21 foi o día mundial da poesía e con tal motivo o alumnado de primero de educación primaria quixeron agasallarnos con esta poesía tan fermosa e creada por eles/elas. Esperamos que vos guste...

viernes, 15 de marzo de 2019

" Entroido 2019 "

Aquí deixámosvos uns vídeos do entroido deste ano onde participaron na súa elaboración o alumnado de sexto de educación infantil 🙃.






jueves, 14 de marzo de 2019

Todos xuntos visionamos o noso caravenxornal. Moi bo traballo!
Aquí deixámosvos o enlace para que poidades velo. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

http://caranvexo.gal/index.php/caranvexornal


viernes, 8 de marzo de 2019

" 8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA "

A nosa especial homenaxe as mulleres...porque todos e todas teñamos os mesmos dereitos independentemente do noso sexo, raza, relixión...