viernes, 28 de junio de 2019

" Visitas ao noso dinomuseo "






" Visita da Asociación Paleontolóxica Galega"


Os nenos e nenas de Osos Caracois, Elefantes e Águias decidiron enviar unha carta a “paleontólogos de verdade”. Fixemos unha asamblea en conxunto para deseñar o texto que queríamos enviar á Asociación Paleontolóxica Galega. Xuntos creamos unha carta na que nos presentamos, explicamos o proxecto que estábamos a levar a cabo, consultamos dúbidas e os convidamos a visitar o noso gran Dinomuseo.
A nosa carta chegou ao seu destino e Manuel García, o presidente da Asociación Paleontolóxica Galega, respondeunos.
 A semana pasada tivemos a gran visita de Manuel e Artai que viñero ao noso museo con moitas cousas que amosarnos do mundo dos Dinosauros. Compartiron con nós grandes descubrimentos da paleontoloxía e fixeron unha presentación na que proxectaron cada unha das dúbidas da nosa carta acompañadas de información e fotografías explicativas.
Dende aquí todos os nenos/as e mestres/as que participamos neste proxecto queremos agradecer a Manuel e Artai a súa colaboración, interese e atención. 

miércoles, 19 de junio de 2019

" Charla da Garda Civil "

Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron unha charla sobre as redes sociais e os perigos das mesmas. Dita charla foi levada a cabo por un garda civil de Moaña.


" Madan Didier- obradoiro de percusión "

O luns tivemos a sorte de ter no cola a Madan Didier para dar , ao alumnado de terceiro e cuarto curso de primaria, un obradoiro de percusión con material de refugallo. Estivo xenialll e queremos repetir...Deixámosvos un anaco da actuación que logo lle fixemos ao resto do alumnado do centro para ensinarlles o que habíamos aprendido con Madan Didier.


jueves, 13 de junio de 2019

" Nós tamén creamos "

 Aquí vos deixamos o enlace onde poderedes ver o traballo realizado polo alumnado de sexto de educación infantil e primeiro de primaria no concurso " Nós tamén creamos". É a nosa adaptación do conto " A cousa que mais doe do mundo " Esperamos que vos guste.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/categoria-2-ceip-a-guia

" Seguimos coas visitas musicais"

O papá de Johanna (nena de tres anos) veunos onte visitar e deleitarnos coa súa música. Moitasssssssssss grazassssssssssssssssssssss


" Visitounos o periodista Javier Romero"

 O pasado venres 7 de xuño tivemos a visista do periodista Javier Romero.
O alumnado de quinto e sexto de primaria, por participar no Programa Prensa Escuela de la Voz de Galicia asistiron a esta charla onde nos falou do seu traballo. Foi unha visita moi interesante onde o alumnado mostrou moita interese polo periódico e polo seu proceso de elaboración.



martes, 11 de junio de 2019

" Traballando a exposiciòn oral "

O alumnado de cuarto de educación primaria realizou un traballo sobre algúns dos instrumentos mais raros do mundo, o cal despois, llo mostraron aos/as seus/súas compañeiros/as.















" VISITA AO CLUB DE REMO SAMERTOLOMEU "



 

 










 








 






jueves, 6 de junio de 2019

" DINOMUSEO "

Hola bo día recordade que mañá temos a nosa inguración do DINOMUSEO as catro da tarde coa presenza da alcaldesa Leticia Santos. Despois de moitas e moitas horas de traballo chegou o gran día de abrir as nosas portas para que poidades visitalo. Estades todos convidados. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que traballaron os nosos nenos e nenas.


martes, 4 de junio de 2019

" Experimentando"

Os pequerreños do centro tivemos a sorte de contar con María, a nai de Mara, e con María a científica que viñeron a pasar un rato connosco e que nos trouxeron unha serie de actividades super interesantes. Por un lado tivemos un " dinosaurio" que representou un conto xunta coa mamá de Mara e por outra banda, fixemos unha serie de experimentos increíbles coma ver coma funcionaría un volcán ou coma sería atravesar unhas areas movidizas. A verdade que foi fascinante esta actividade. Moitísimasssssssssssssssss grazasssssssssssssssssssssssssss.


" Clarinete"

Para rematar, esta semana adicada a música,  estiveron no centro familiares de Martín Gil para facernos gozar cos sons do clarinete. Moitísimasssssssss a grazassssssssssssss a todos por vir a compartir un anaco do voso valioso tempo connosco.






" Frauta traveseira "


SUSI, a nai de Sarai estivo  no cole para acercarnos a música da man da frauta traveseira. Contounos un pouco sobre ela e sobre certos aspectos a ter en conta á hora de afrontar unha actuación. Ademais tivemos o pracer de ver tocar este instrumento a dúas das nosas alumnas Sarai e Eva, alumnas de terceiro e cuarto de educación primaria respectivamente. Maravillosassss!


lunes, 3 de junio de 2019

" Visitános Axóuxeres "

A asociación Axóuxeres estivo no centro para acercar aos mais cativos ao noso instrumento musical galego por excelencia, a gaita,  e incluso chegaron a ensaiar unha coreografía de baile galego. Estivo xenial...













" Revitaliza "

Os maiores traballaron a compostaxe a través do xogo da oca. Foi unha experiencia moi entretida e divertida.




Charla " Revitaliza "programa da deputación de pontevedra sobre a compostaxe.

O alumnado de infantil aprendemos que é o compost, para que serve e que cousas se poden botar no composteiro e cales non, mediante actividades lúdicas e moi divertidas.Ademais sementamos unha faba botándolle compost para que medre mellor.