viernes, 28 de junio de 2019

" Visita da Asociación Paleontolóxica Galega"


Os nenos e nenas de Osos Caracois, Elefantes e Águias decidiron enviar unha carta a “paleontólogos de verdade”. Fixemos unha asamblea en conxunto para deseñar o texto que queríamos enviar á Asociación Paleontolóxica Galega. Xuntos creamos unha carta na que nos presentamos, explicamos o proxecto que estábamos a levar a cabo, consultamos dúbidas e os convidamos a visitar o noso gran Dinomuseo.
A nosa carta chegou ao seu destino e Manuel García, o presidente da Asociación Paleontolóxica Galega, respondeunos.
 A semana pasada tivemos a gran visita de Manuel e Artai que viñero ao noso museo con moitas cousas que amosarnos do mundo dos Dinosauros. Compartiron con nós grandes descubrimentos da paleontoloxía e fixeron unha presentación na que proxectaron cada unha das dúbidas da nosa carta acompañadas de información e fotografías explicativas.
Dende aquí todos os nenos/as e mestres/as que participamos neste proxecto queremos agradecer a Manuel e Artai a súa colaboración, interese e atención. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario