viernes, 13 de diciembre de 2019

" Samaín na Guía "

Por fin están aquí...os vídeos que o noso alumnado montou do Samaín. Enhoraboa pola vosa labor!


jueves, 5 de diciembre de 2019

" Nós tamén nos apuntamos"



PROPOSTA ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL CONXUNTA NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS/PRIVADOS DO MORRAZO

CENTROS EDUCATIVOS SOSTIBLES-RRR.CONSUMIDORES RESPONSABLES: PLÁSTICOS, GASTO ELÉCTRICO, GASTO DE PAPEL E AUGA...

Esta proposta propón abordar a temática dos comportamentos diarios que afectan negativamente ao medio ambiente: gasto superfluo de enerxía eléctrica, papel, auga; uso excesivo de plásticos.

O noso centro contribuirá da seguinte maneira:

§  Participando na campaña “venres sen plásticos”, agradeceríamosvos que nas merendas do alumnado non houbese embalaxes de plástico.
§  Traer as bolsas de teas para as merendas, confeccionadas no taller de costura onde colaboraron activamente as familias.
§  Utilización de tazas persoais para  eventos (chocolatada, beber auga…), en substitución dos vasos plásticos dun só uso.
§  Utilización de botellas reutilizables (ex, tipo cantimplora) para a auga.
§  Que cada alumno traia unha toalliña pequena de tea para secar as mans (semanalmente deberá levar a casa para lavar), e así deixar de usar papel de mans. No caso do alumnado do comedor, deberán traer dúas toallas.
§  Instalación de puntos de reciclaxe escolar.
§  Patrullas de reciclaxe: cada día da semana un curso é o encargado de levar os diferentes contenedores ao patio para que se faga a reciclaxe de forma adecuada. Ademáis, cada venres os diferentes cursos se encargarán de levar o material reciclado aos diferentes colectores.
§  Realizar un consumo de auga responsable.
§  Realizar un consumo de enerxía eléctrica responsable.
§  Manter pechadas as portas polas que se pode perder a calor da calefacción.
§  Creación da figura da ecopolicía: responsables medioambientais que velen polo cumprimento dos acordos adoptados, que se apaguen as luces, se pechen portas, fiestras…


Axúdanos...

" TERROR NA GUÍA "

Por problemas técnicos non puidemos antes pero aquí está o resultado de como quedou o noso TÚNEL DO TERROR deste ano...

martes, 3 de diciembre de 2019