miércoles, 29 de enero de 2020

" PLan Director "

Onte tivemos no cole, a primeira das dúas charlas que imos ter dentro do plan director, impartidas pola Garda Civil de Moaña. Tivemos dúas sesións, unha pola mañá, para o alumnado de quinto e sexto de primaria e outra de tarde para as familias. Nesta ocasión o tema foi " A violencia de xénero". Moitas grazassssssssssssssssss as familias que acudiron.





viernes, 24 de enero de 2020

" Saída a depuradora "

Este xoves o alumnado de quinto acudiu a depuradora para ver como  se produce o ciclo de depuración das augas residuais de Moaña  antes do seu vertido ao mar. Cómo se eliminan os materiais que tiramos polos sumidoiros ou que son arrastrados polas alcantarillas.
Foi unha saída interesante.










Aquí vos deixamos unha mostra do noso encontro de nadal...

Moitas grazas a todas as familias por asistir ,ao noso profesor Manuel e a Yago por facer deste rato un momento especial. Grazassssssss...


" Campo a través "


O mércores, o alumnado de segundo participou nunha xornada de campo a través organizada polo Servizo Galego de Deporte dentro do seu programa Xogade. O noso  alumnado divertíuse moito vivenciando este deporte. Algún deles conseguiu diploma. Enhoraboa...........!







"Obradoiro de Ciencia e tecnoloxía"


Gracias Lucía, unha nai do noso cole, por vires compartir actividades tan chulas co noso alumnado. Pasámolo xeniallllllllllllllllll...



                                        

"As nosas maxestades de Oriente chegan A GUÍA"


jueves, 9 de enero de 2020

"Da aula ao mar"

Un dos nosos alumnos elaborou un pequeno traballo da actividade de onte "Da aula ao mar". Unha charla informativa sobre a vela dentro desta actividade promocionada polo concello de Moaña, que terá a súa continuidade no mes de xuño coa saída do alumnado ao mar para practicar a vela.


" Nós mesmas a prol da igualdade "

A asociación Nós Mesmas estivo no  cole para facer unha serie de obradoiros sobre a diversidade afectivo-social. Levaron a cabo diferentes actividades dependendo da idade do alumnado.