lunes, 30 de marzo de 2020

" AXUDAS COMEDOR "

Hola bo día aquí vos mandamos este enlace por se queredes solicitar unhas axudas que a consellería vai conceder aos usuarios do comedor soamente sería para os gratuítos e os de pago de un euro o resto quedarían fóra.
O prazo é soamente ata o 6 de abril.
E o modo de facelo vai ser telematicamente coma di na orden ou a través do correo do cole. Tedes que cubrir o papel, cubrilo e envialo.

Moitas grazas, un saúdo

" Avaliación segundo trimestre "

Nas novas instruccións da Consellería plasman que debemos avaliar o segundo trimestre, iso sí soamente se avaliará ata o 13 de marzo,día en que empezou o confinamento. A tarefa a posteriori non será avaliable. Despois de semana santa, seguramente esta situación si cambiará e as tarefas si serán avaliables, xa volo comunicaremos. 

O xoves día dous será  o día no que se pechará a avaliación e cando poderedes ver as notas a través da aplicación abalar(Intentade descargala por favor) e os que non poidan avisar por correo electrònico para poder envialas.


Bicos polo aire

Nova semana...animádevos a seguir mandando fotos!


sábado, 21 de marzo de 2020

" Campaña todo sairá ben "

A primeira  familia que se animou a posar toda xunta...GRAZASSSSS...


" EMPEZAMOS XA..."

Aquí van os primeiros que se apuntan a esta iniciativa...esperamos que os demais tamén o fagades.


viernes, 20 de marzo de 2020

" TODO IRÁ BEN "

Ola familias!!

O equipo directivo do noso centro proponvos unha actividade para realizar cos nenos e nenas durante estes días tan complicados. Esta iniciativa, que comezou en Italia, podedes realizala moi facilmente.
Trátase de debuxar un arco da vella e acompañalo da frase TODO IRÁ BEN. É unha forma de animarnos todos e de non esquecer que despois da tormenta sempre vén a CALMA e a TRANQUILIDADE e que debemos ser OPTIMISTAS.

Estes debuxos son para colgar nas fiestras, pero antes de colgalos, podedes mandar ao correo do colexio: ceip.aguia@edu.xunta.es  unha foto co cartel, ou aínda mellor, unha foto dos nenos e/ou de toda a familia co cartel.
Colgaremos no blog do cole as fotos para que todos podamos velas. Animádevos e mandade as vosas fotos!!

Unha aperta moi forte e biquiños polo aire

miércoles, 18 de marzo de 2020

IMPORTANTE: O prazo de ADMISIÓN para a presentación telemática finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática.

lunes, 16 de marzo de 2020

As novas instruccións, A DÍA DE HOXE E AGORA, porque isto cambia por horas é que un membro do equipo directivo permanecerá no centro de 10 h ata 13 h polo que se tedes algunha dúbida podedes contactar con nós neste horario en lugar de facelo por correo. Por favor avisades polos diferentes grupos de whatsap xa que hai familias que non teñen esta aplicación. Seguiremos informando das novidades.
Unha aperta moi forte
Coidadevos moito e moitos bicos polo aire para o noso alumnado

domingo, 15 de marzo de 2020

CARANVEXO TV " A GUÍA "

Xa tedes aquí o enlace do noso programa de Caranvexo Tv emitido o pasado xoves. Esperamos que vos guste. A gozalo en familia.


viernes, 13 de marzo de 2020

" A vida de Rosalía dende os ollos do alumnado de segundo de educación primaria "


" Comparsa Follas Novas veunos acompañar no noso entroido "

O noso alumnado compuso a súa propia cantiga de entroido. Estivo xenial e todos aprenderon a súa estrofa e a dos demais co que o traballo que fixemos en equipo foi moi gratificante tanto para o alumnado coma para o profesorado. Moitísimas grazasssssssssssssssss a comparsa Follas Novas por vir a visitarnos e deleitarnos coas súas fermosas voces. Foi espectacular a súa actuación.


                                         

" Entroido 2020 "


" Instruccións para emprego da aula virtual "


INSTRUCIÓNS PARA O EMPREGO DA AULA VIRTUAL

-          A cada familia chegaralle un correo da plataforma academicid no que se lle pedirá que acepten a invitación para participar na aula.
-          Nese correo de invitación indicaráselle que vaian a un enlace e aí haberá que poñer un usuario e unha contrasinal, unha vez aceptado xa poderán entrar.
-          Para ir a aula deberán acceder á páxina http://www.academicid.com.
-          Introducir o e-mail co que estades rexistrados e o contrasinal creado.
-          Premer en “Entrar”.
-          Apareceranlle as aulas nas que este rexistrado, por exemplo aula de SEGUNDO, aula de INGLÉS, etc, Premer na aula na que queredes entrar.
-          Unha vez dentro xa teredes os ficheiros repartidos por “clases”.
-          Para descargar cada ficheiro so hai que premer enriba de cada un.
-          Dentro da aula existen, ademais, diferentes posibilidades como un foro, tarefas, etc.
-          Podedes devolver as tarefas feitas a través da aula.

Para calquera dúbida poñerse en contacto co centro.
Os titores, a través do foro da propia aula, poderán resolver todas as vosas dúbidas.


" Atención..."



Estimadas familias:
Despois do anuncio de peche dos centros educativos por parte da Xunta de Galicia para os próximos 14 días e para poder seguir mantendo, na medida do posible, o desenvolvemento curricular imosvos a dar unha serie de instrucións que tedes que levar a cabo:
Ed Infantil:  o luns enviaranse unhas ideas de actividades e xogos mediante a aplicación Tokapp, para levar a cabo durante estes días.
Ed Primaria: As familias deberán vir ao centro a buscar o material do alumnado (libros, libreta, flauta, material de inglés e do resto das materias, hoxe ata as 14:00h e o luns en horario de mañá)
O alumnado de 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 6ª de Primaria, realizarán traballos a través dunha aula virtual creada na  plataforma AcademicID.
- Durante a fin de semana chagaranvos solicitdes para rexistrarvos na aplicación.
- Dita plataforma comezará a empregarase o vindeiro luns 16. 
- Enviaremos noutra nota tódolos pasos que debedes seguir para a sua utilización.

PREGAMOS PACIENCIA E RESPONSABILIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS ANTE ESTA SITUACIÓN EXTRAORDINARIA 
MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN 
UN SAÚDO

Estimadas familias:
Despois do anuncio de peche dos centros educativos por parte da Xunta de Galicia para os próximos 14 días e para poder seguir mantendo, na medida do posible, o desenvolvemento curricular imosvos a dar unha serie de instrucións que tedes que levar a cabo:
Ed Infantil:  o luns enviaranse unhas ideas de actividades e xogos mediante a aplicación Tokapp, para levar a cabo durante estes días.
Ed Primaria: As familias deberán vir ao centro a buscar o material do alumnado (libros, libreta, flauta, material de inglés e do resto das materias, hoxe ata as 14:00h e o luns en horario de mañá)
O alumnado de 1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 6ª de Primaria, realizarán traballos a través dunha aula virtual creada na  plataforma AcademicID.
- Durante a fin de semana chagaranvos solicitdes para rexistrarvos na aplicación.
- Dita plataforma comezará a empregarase o vindeiro luns 16. 
- Enviaremos noutra nota tódolos pasos que debedes seguir para a sua utilización.

PREGAMOS PACIENCIA E RESPONSABILIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS ANTE ESTA SITUACIÓN EXTRAORDINARIA 
MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN 
UN SAÚDO