jueves, 23 de abril de 2020

" DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO "

Hola boas, con motivo do día do libro, tedes no blog da biblioteca tres contos contados por alumnado do noso cole, ides pasalo xenial así que mirádeos, hay algún moi divertido.

Tamén comentarvos que acabamos de colgar na plataforma, dentro do apartado de orientación, un documento para que fagades en familia unha GYMKHANA LITERARIA . animádevos, seguro vale a pena!

martes, 21 de abril de 2020


Estimadas familias,

O primeiro desexarvos que estedes todos ben e que levedes o mellor posible este encerro, difícil pero do que iremos saíndo pouco a pouco.

A verdade son días complicados, xa que ninguén pensou que isto podería pasar pero aquí estamos vivindo un momento que quedará no recordo de todos nós.

Sabemos que estades a facer un grande esforzo, e dende aquí queremosvolo agradecer enormemente.

Comezamos o tercer trimestre cheos de dúbidas porque as informacións que nos dan son a contagotas ou a destempo, pero é algo alleo a nós , do que non podemos facer nada e soamente ir organizandonos sobre a marcha.

Con todo isto, dicirvos que IMOS AVANZAR UN POUCO NO TEMARIO EN CONTIDOS QUE CONSIDERAMOS IMPRESCINDIBLESE QUE LLE SERÁN NECESARIOS AO ALUMNADO PARA AFRONTAR O MELLOR POSIBLE O VINDEIRO CURSO. Así que dende a direción do centro pedímosvos, outro GRAN esforzo pola vosa parte para combatir esta situación e así agradecer tamén o esforzo que está facendo o profesorado para desenvolver o seu traballo nestas condicións EXTRAORDINARIAS.

Tamén comentarvos que podedesRECIBIR CHAMADAS DENDE NÚMEROS OCULTOS OU PRIVADOS, QUE PODEN SER DO PROFESORADO. Por favor, atendedeas..

Moitísimas grazas a todos e moito ánimo

Miles de bicos polo aire


martes, 14 de abril de 2020

" O pozo das restas "

Agora, toca o turno da resta, e para iso Mara fixo outro vídeo que o titula " O pozo das restas". Construíu o seu propio pozo onde vai colocar as decenas e as unidades utilizando material manipulativo. Vai facer uso de palillos para construír manoxos de dez e así formar as decenas, o cal vai facilitar a comprensión e resolución da resta.


" Sumas con levadas"


Agora deixamosvos un vídeo sobre as sumas con levadas feito por Mara, unha nena de primeiro de primaria, onde nos explica o seu procedemento axudándonos dun debuxo dunha casiña para que nos resulte mais doado e divertido.


" Vídeos educativos do alumnado"

Hola boas agora chegamos a outro reto para facer en familia ,que consite en propoñervos que fagades vídeos educativos con trucos ou con estratexias para axudar a outros compañeiros e compañeiras. Aquí vos imos deixar uns exemplos feitos por algúns dos vosos compañeiros de terceiro sobre trucos da táboa do nove. É o voso momento para desenvolver o rol dun profesor ou profesora. Animádevos!

viernes, 3 de abril de 2020

Os de infantil coa compaña "Todo vai saír ben "

As mestras de infantil fixeron esta montaxe coas fotografías que lles aportaron as súas familias. Moitas grazassssssssssssssss!

miércoles, 1 de abril de 2020

" AXUDAS DE COMEDOR "

Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos bancarios mediante os seguintes métodos:

b) Chamada telefónica dende a familia ao centro na que se acredite a intención da familia de solicitar a axuda, a identidade do interlocutor que dí ser proxenitor (o centro directivo poderá formular as preguntas que estime oportunas para verificar a identidade do interlocutor.

c) Correo electrónico sen adaptarse ao anexo no que conste a intención da familia de solicitar a axuda e o número de conta

A solicitude é única para cada familia; Se algunha familia fai uso doutro comedor noutro centro por parte doutro fillo terá que informar para que o centro se poña en contacto co outro centro.