domingo, 29 de enero de 2012

" El elixir del amor "

           O alumnado de 4º, 5º e 6º asistiron , o pasado xoves dia 26, á representación da obra lírica " El elixir del amor" en PONTEVEDRA.Conseguimos facer unha foto cunha das protagonistas da obra.


SINOPSIS:
             Nemorino está namorado de Adina pero esta so lle transmite indiferenza. Desesperado,Nemorino compra un misterioso elixir ao doutor Dulcamara, un embaucador que asegura que o seu milagroso produto é capaz de curar o mal de amores. A raíz de todo isto vanse desenvolvendo todos os acontecementos.  
             Unha novedosa adaptación con música en directo que se representará dun xeito áxil, ameno e divertido, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben abandonar.

       

viernes, 27 de enero de 2012

SEMANA DA FROITA EN INFANTIL

O xoves pasado merendamos na clase dos caracoliños, xunto cos osos e cos elefantes. No video que vos presentamos a continuación podedes ver os mellores momentos.

jueves, 12 de enero de 2012

 Hoxe vixitounos  Angela, nutricionista dunha cadena de froiterías da zona, para facernos o obradoiro de froitas contemplado dentro do "Plan de consumo de froita na escola".


Este obradoiro consistiu nunha charla teórica sobre o valor das froitas na nosa alimentación e unha posterior degustación de diferentes pezas de froitas.


miércoles, 11 de enero de 2012

" Plan de consumo de froita na escola"

    O noso centro colabora neste Plan de consumo en colaboración coa Xunta de Galicia e a Comunidade Europea.Queremos recordarlles a conveniencia e a importancia do consumo de froitas e verduras na nosa dieta diaria. Esperamos que se sumen a nosa iniciativa e que a reforcen nos seus fogares.
    Este Plan consistirá na distribución de froitas ,na hora do recreo, durante a vindeira semana (dias 16,17,18,19,e 20 de xaneiro)e outras dúas semanas mais (unha en febreiro e outra en marzo).
    Ademais realizarase, no centro, un obradoiro de froitas para mellorar os hábitos de consumo entre os cativos, o cal será impartido, por profesionais nutricionistas.
    Tende en conta a distribución de froita, que se fará a vindeira semana, á hora de mandarlles a merenda aos/as vosos/as fillos/as.
                                        GRAZAS