"Visita ao concello "

O alumnado de cuarto e quinto de educación primaria asisitiron onte ao concello de Moaña para visitar as súas dependencias. Alí foron recibidos polo concelleiro de urbanismo Odilo Barreiro e mais pola alcaldesa Leticia Santos. Aquí vos deixamos unha mostra de dita visita.













" Conmemorando o día de Rosalía "

O noso profesor de música, Javier, escenificounos dunha forma sinxela e divertida para nós, un pouquiño da vida de Rosalía. Contou para ocasión coa maravillosa colaboración de dous dos nosos caracoliños. Encantounos!




lunes, 19 de febrero de 2018

"Concerto didáctico de Jazz"


O alumnado de quinto e sexto asistiron hoxe a un concerto didáctico organizado polo concello de Moaña no IES As Barxas.





" A nena e o grilo nun barquiño "

Onte os nenos e nenas de Educación Infantil viaxaron ata o teatro Afundación de Pontevedra para disfrutar do Concerto Didáctico “A nena e o grilo nun barquiño”.
Xuntos riron, cantaron e bailaron con Magín Blanco, Jorge Juncal, María Faltri e Guille Fernández.
Disfrutamos coas aventuras da Nena e o seu amigo o Grilo e por suposto do Rocanrol Dragón co que tanto bailamos nas aulas.FOI MOI DIVERTIDO!"


" Exposición Leonardo Da Vinci"

O  pasado mércores 31 de xaneiro asistimos todo o centro a exposición de Leonardo Da Vinci no Tinglado, en Vigo.