jueves, 15 de marzo de 2018

miércoles, 14 de marzo de 2018

" Esperando aos nosos poliños "



Dende fai uns días temos na escola ….
UNHA INCUBADORA!
Os nenos e nenas de infantil somos os encargados de dar a volta ós ovos cando chegamos á escola e levamos a conta dos días que quedan para que saian os pitiños. Os ovos precisan de 21 días e xa quedan poucos para que chegue o ansidado día …  estamos moi emocionados!!



" EDUCACIÓN INFANTIL: Obradoiros segundo trimestre "



Este trimestre os nenos e nenas de Caracois, Osos e Elefantes participaron en Obradoiros de Arte, Mesa de Luz e Realidade Aumentada.
Nos Obradoiros de Arte os nenos e nenas imaxinaron que daban a volta ao mundo e logo dialogaron sobre o qué observou cada un dende o avión. Con todas as cousas que comentaron fixeron un mural no que debuxaron  a Torre Eiffel, o Big Ben, casas, árbores, nubes, bolboretas, o sol, paxaros…
No Obradoiro de Mesa de Luz disfrutaron xogando e creando con espuma, observaron os cambios de luz, seguiron o ritmo da música e observaron os cambios de cor das boliñas de xel.
No Obradoiro de Realidade Aumentada pintaron láminas e observaron os seus debuxos en realidade aumentada.
Os Caracois, Osos e Elenfantes riron, aprenderon e disfrutaron moito  xuntos!!


miércoles, 7 de marzo de 2018

" Visita a EDAR "

Hoxe o alumnado de quinto asistiu á estación de augas residuais (EDAR) de Moaña para coñecer o tratamento que reciben as augas residuais antes de vertelas ao medio, así como o ciclo da auga en todas as súas fases.