jueves, 25 de octubre de 2018

" Cómo aprender dun forma divertida "

Pintamos cos pes ao estilo "JACKSON POLLOCK"




" 24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS "

Onte tivemos a sorte de contar coa escritora de literatura infantil,  Ana Meilán no noso cole. Unha actividade xestionada polo equipo de biblioteca co motivo do día das bibliotecas. Resultou super interesante xa que é unha persoa super cercana, facéndonos gozar moito coas súas historias ,os seus contos e os seus xogos. A verdade que foi un pracer contar con ela. Moitassssss grazassssssssss Ana!.
Ademáis temos que agradecer enormente a televisión de Galicia por vir ao noso centro e pola reportaxe fermosa que nos fixeron. Deixámosvola aquí para que a poidades disfrutar.

http://www.crtvg.es/informativos/celebran-o-dia-internacional-das-bibliotecas-escolares-cunha-sesión-de-contacontos-en-moana-3940792

" Mesas de luz "

Unha das actividades que máis nos gusta é xogar coa nosa mesa de luz. É increíble e pasámolo xenial. Estamos a facer actividades coas letras e cos números coma por exemplo: escribir os nosos nomes ou asociar número coa cantidade corresponde.



" Programa de estimulación da linguaxe oral "

En educación infantil facemos todas as semanas un programa de estimulación da linguaxe oral na aula (PELO) que o leva a cabo a mestra de audición e linguaxe coa colaboración das nosas mestras titoras. Esta semana tocou unha actividade super divertida de soplo. Aquí vos deixamos unha mostra.





" Clases de robótica "

As nosas primeiras clases de robótica. Coñecemos os comandos para logo poder crear historias.



viernes, 19 de octubre de 2018

" Desenvolvendo a nosa creatividade "

Encántanos xogar co xogo de "arquitectura tubos" porque nos permite facer as nosas obras de arte. Ademais podemos compartila cos nosos compañeiros e compañeiras conseguindo facer cousas moi chulas. Encántanosssssssssss....








" Traballando a unidade e a decena "

O alumnado de primeiro disfruta da súa clase de matemáticas. Unha visión diferente dos conceptos matemáticos a partires dunhas matemáticas manipulativas. Aquí deixámosvos un exemplo de cómo están traballando o concepto de unidade e decena.


Os maiores tamén visitamos a base área contraincendios forestais " O CAmpiño"










 



jueves, 11 de octubre de 2018

" Visita dos pequeniños a Base Área de Defensa contra Incendios"

O pasado venres día 5 o alumnado de educación infantil, primeiro e segundo asistimos a base área de defensa contra incendios  forestais de " O Campiño" en Pontevedra. Pasámolo xenial. Queremos repetirrrrrrrrrrrr...

viernes, 5 de octubre de 2018