viernes, 23 de noviembre de 2018

O CEIP A GUÍA DI NON...

Aquí deixámosvos un vídeo feito por nenos e nenas do noso cole onde queda reflexada unha mensaxe orixinal  que conmemora o día "CONTRA A VIOLENCIA DE XÈNERO"(25 de novembro).


jueves, 15 de noviembre de 2018

" A aventura do sabor está no mar "


O alumnado de infantil xunto cos de primeiro e segundo de primaria fomos invitados a coñecer a Lonxa de Bueu. Moitasssssssss grazasssssssss









Os biblioaxudantes comenzan a súa labor...



jueves, 8 de noviembre de 2018

" Visitamos ao equipo ANFIV Iberconsa "

Hoxe tivemos a sorte de ser invitadosao Pavillón de Bouzas polo equipo de baloncesto en cadeira de rodas ANFIV Iberconsa.
A verdade que foi unha experiencia increíble onde os nenos e nenas gozaron moito. Primeiro coñecemos a historia de cada un deles e como acabaron no equipo, montamos nas cadeiras de rodas para coñecer o seu manexo e xogamos a encestar nun mini partido. Moitasssssssssssss grazasssssssssssssss sodes xeniais e un exemplo para todos e todas.



















" Formación de usuarios"


" Sesión de Kamishibai "


Na hora de ler en familia do mes de Outubro, poidemos disfrutar dunha sesión de contacontos … moi especial!!
Os papás de Mara, María José e José Ramón, fixeron unha adaptación do conto “Caer de cú polo universo” e contáronnos unha fermosa historia co Kamishibai na que apareceron os Caracois, Osos ,Elefantes e Águias de A Guía.
Moitas grazas por este conto adaptado especialmente para nós co que compartimos este fermoso momento lector …¡xuntos!





" Xogando ao bingo das multiplicacións "

Cómo aprender e xogar non está reñido. Repasamos as táboas de multiplicar xogando ao bingo.
A mestra de terceiro de primaria adaptou o xogo tradicional do bingo para poder repasar as táboas de multiplicar dunha maneira lúdica e divertida.






" O noso particular túnel do terror "

Aquí vos deixamos o vídeo onde se reflexa todo o traballo que o profesorado fixo outro ano máis para levar a cabo a nosa actividade fetiche " O noso particular túnel do terror ". Horas de traballo entre todos e todas para que os cativos e as súas familias poidan disfrutar do Samaín, unha festa cada vez máis arraigada na nosa comunidade. FOI XENIAL!!


lunes, 5 de noviembre de 2018

" Obradoiro de pais e nais "

O pasado luns as mamás e os papás de primeiro viñeron ao cole a facer dous obradoiros,un para elaborar as cabazas do Samaín e outro sobre os sentidos. Foi unha experiencia xenial para os/as nenos/as. Graciasssssssssssssssssss por acompañarnos e compartir connosco un pouquiño do voso tempo.