jueves, 28 de febrero de 2019

" Visitando a Coruña "

O pasado día 21 o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, fomos de excursión todo o día a Coruña. Nada máis chegar visitamos o acuario, onde observamos unha grande variedade de animais mariños e puidemos ver a Gastón, un tiburón de 3m e tamén como lle daban de comer ás focas.
Despois fomos visitar o Domus ou a Casa do Home, onde había moitas cousas curiosas e interesantes e onde gozamos moito.
Pola tarde, a nosa última parada foi o planetario, onde poidemos observar diferentes experimentos e visionamos un documental sobre o universo.
Foi un día xenial!


























miércoles, 27 de febrero de 2019

" A nosa especial homenaxe a Rosalía de Castro "

Qué mellor homenaxe a Rosalía de Castro que recitar os seus fermosos versos...




martes, 26 de febrero de 2019

" Nova imaxen do corredoiro de infantil "

Para os que aínda non os vírades... deixámosvos un vídeo onde se aprecia un pouquiño a nova imaxe do corredoiro de infantil. Espero que vos guste tanto coma a nós...


" Concerto de JAZZ no IES AS BARXAS "

O alumnado de quinto e sexto acudiron o pasado venres o concerto de Jazz organizado polo Concello de Moaña no IES AS BARXAS, o noso centro adscrito.


lunes, 25 de febrero de 2019

Aquí deixámosvos un resumo da saída do alumnado de educación infantil a obra de teatro " Burbullas de papel " e a visita a Misión Biolóxica.




jueves, 21 de febrero de 2019

" Plantación de árbores "

O pasado martes, o alumnado de primeiro e segundo asistiron a Chan do Porco para participar na plantación de árbores que se fai todos os anos entre o Concello de Moaña e as comunidades de montes de Domaio e de Meira. Ademais gozamos coa actuación de ANXO MOURE.

















" Torneo de salto de corda"

Onte tivemos o noso torneo anual de comba organizado pola mestra de educación física. O xogo tiña una serie de regras coma: os equipos tiñan que ser de seis xogadores, catro xogadores saltaban e dous daban á corda, cada euipo dispoñeu de seis intentos e o intento con maior número de saltos foi o que puntuou. Resultou xenial, incluso o profesorado tamén se animou...deixamosvos aquí a proba!.












lunes, 18 de febrero de 2019

" Competición de robots "

Hoxe imos colgar un vídeo do ben que o pasan os nenos e nenas de cuarto de educación primaria programando os seus robots no ordenador mediante o programa SCRATCH para poder facer unha carreira onde o robot gañador será aquel que se aproxime mais, sen pasarse, a unha liña determinada.


viernes, 15 de febrero de 2019

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

ANIMÁDEVOSSSSSSSSSSS A VISITARNOSSSSSSSSSSS...


O pasado martes 12 o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron, dentro do Programa Aprende Moaña, á escola de música tradicional para coñecer a nosa tradición musical da man do mestre gaiteiro Xavier Blanco, que lles ensinou os instrumentos "pobres " da súa aula de catalogación interpretando con eles melodías tradicionais.


 











jueves, 14 de febrero de 2019

Este luns tivemos a sorte no cole de contar coa presenza de Purificación Consuelo unha científica que nos veu contar moitas cousas. Entre elas, falounos da importancia das mulleres  no ámbito da ciencia coma por exemplo: Marie Curie, Hipatía de Alejandría, Rosalind Franklin, Margarita Salas ou Luz Rello destacouna porque conseguiu ser unha importante científica tendo unha dificultade que teñen hoxe en día moitos nenos e nenas como é a DISLEXIA. Así que, un exemplo para todos e todas!




Logos todos e todas fixemos de científicos e levamos a cabo unha bomba de semente ou  tamén coñecida coma " nendo dango". Pasámolo xenial experimentando!