lunes, 29 de abril de 2019

viernes, 26 de abril de 2019

" Actuacións musicais "

Partindo do tema global deste ano que é a música, o alumando de sexto, agasallounos  cunha demostración instrumental con diferentes instrumentos: de vento (frauta, trompeta e clarinete), corda (piano) e de percusión (pandereta).
Deixámosvos unha mostra de estas actuacións para que as gozedes.






" Traballando coa Voz de Galicia "

O xoves 11 de marzo tivemos no colexio a visita do xornalista Cristóbal Ramirez.
Dito xornalista é un dos colaboradores do Programa Prensa Escola da Voz de Galicia, no cal participan un ano máis, 5º e 6º de Primaria.
A súa visita ven derivada de enviarlle fotos dos diferentes artigos traballados por todas as clases do colexio, na Semana da Prensa, cos cales fixemos un mural. Interesáronse porque mostramos a nosa creatividade, así como o noso interese pola prensa. Ditos artigos foron escritos en galego, castelán ou inglés.
Cristóbal, deunos unha charla sobre a páxina web de dito programa. Tamén deu resposta a todas as preguntas que nos ían xurdindo sobre o que ía contando, así como da súa profesión, xa que él é Premio Nacional de Periodismo.
Poidémoslle facer varias preguntas dirixidas a xornalistas e investigadores, as cales irán contestando nas seguintes semanas a través do suplemento de Prensa Escola, que todos os mércores recibimos e lemos.


 

 
 

jueves, 25 de abril de 2019

" Experiencia Relax "

Hola bo día. Levouse a cabo un sorteo para recaudar fondos para a excursión de sexto. O/A gañador/a sería aquel/a  cuxo número coincidira coas tres últimas cifras do  número da lotería nacional. Polo que o afortunado do bono " Experiencia RELAX "foi Claudio González por poseer o número 017 e coincidir coas tres últimas cifras do número 59017.

ENHORABOAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA...

viernes, 5 de abril de 2019

" Avanzando na programación dos nosos robots "

O alumnado de cuarto amosa os seus avances na programación dos nosos robots. Que emocionanteeeeeeeeeeeee!

jueves, 4 de abril de 2019

" Visita a depuradora "

O alumnado de quinto de primaria asistiron hoxe a depuradora onde nos falaron do proceso de depuración das augas residuais do concello de Moaña. A verdade que estivo xenial e descubrimos moitas cousas a cambiar para contribuír a mellora do medio ambiente.






Visitounos a científica Helena Rodríguez Domínguez para impartirnos a charla " Curioso xeito de vivir xuntos "