lunes, 24 de noviembre de 2025

" Contacontos por Olalla González "

O pasado xoves 13 de novembro tivemos a sorte de contar na nosa biblioteca con Olalla González, nunha sesión de contacontos para as familias onde nos narrou catro contos. Dous, empregando diferentes obxectos como foron " Contos de ratiños" de Arnold lobel e " As tres princesas pálidas " de maría José Martín Francés e outros dous tradicionais. Un deles ruso, " A mosca chosca " adaptado por Eva Mejuto e outro inglés "Chibos chibóns " adaptado por Olalla González.

Moitas graza ao todo o alumnado e as familias por acompañarnos nesta tarde tan agradable.

Esperamos que a gozárades tanto coma nós😍!





No hay comentarios:

Publicar un comentario