jueves, 18 de febrero de 2021

" Vídeo portas abertas: anímate a coñecernos "

    Este ano, debido a situación provocada polo covid-19, non levaremos a cabo as xornadas de portas abertas polo que vos deixamos aquí un vídeo onde intentamos reflexar o que é para nós o noso centro. Un centro pequeno e familiar onde partimos de que  "o ensino que deixa pegada non é o que se fai de cabeza a cabeza senón de corazón a corazón "
    Moitísimas grazas ao alumnado de sexto de educación primaria que quiso colaborar con nós: Claudia, Pablo, Ada, Antón , Rubén, Paula e Anxo.

                                        

" Coplas de entroido "

    Este ano tivemos que suprimir o noso pasarúas debido ao covid-19 e botamos moito de menos ás familias. Sen vós non é o mesmo.
    Imos deixarvos aquí unha mostra das coplas de entroido que o alumnado compuso para despois cantar ao resto do alumnado do centro. Esperamos que vos guste...









sábado, 13 de febrero de 2021

" Vídeo portas abertas: anímate a coñecernos "

    Este ano, debido a situación provocada polo covid-19, non levaremos a cabo as xornadas de portas abertas polo que vos deixamos aquí un vídeo onde intentamos reflexar o que é para nós o noso centro. Un centro pequeno e familiar onde partimos de que  "o ensino que deixa pegada non é o que se fai de cabeza a cabeza senón de corazón a corazón "
    Moitísimas grazas ao alumnado de sexto de educación primaria que quiso colaborar con nós: Claudia, Pablo, Ada, Antón , Rubén, Paula e Anxo.



 

" Entroido 2021 "





















" Videoconferencia con Sabela Souto "

     O alumnado de 5º de E. primaria, como actividade enmarcada dentro do Proxecto Interdisciplinar de centro "O CINE (CINEMA DOCUMENTAL)" realizaron o visionado de dúas curtametraxes documentais sobre o ENTROIDO DE VERÍN : FEITIZO e ENFAIXADOS.

    Como colofón desta actividade tiveron a oportunidade de facer unha videoconferencia coa creadora de ENFAIXADOS, Sabela Souto, que nos explicou como realizou a curtametraxe e sobre como é  a figura do CIGARRÓN.





miércoles, 10 de febrero de 2021

" Anímate a coñecernos..."





 

" Vacantes 2021-2022 "

 


PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2021 – 2022

CURSO

PRAZAS

4º Ed. Infantil

25 + (3 para alumnado con NEAE)

 

GRUPO MIXTO

5º Ed. Infantil y 6º Ed. Infantil)

2 (en caso de haber máis matrícula modificaríase o grupo mixto)

1º Ed. Primaria

15 +(3 para alumnado con NEAE)

2º Ed. Primaria

14

3º Ed. Primaria

14

4º Ed. Primaria

13

5º Ed. Primaria

19

6º Ed. Primaria

12

 

lunes, 8 de febrero de 2021

Obradoiro de portugués " O mundo do Inho"

 Hoxe, e grazas ao servizo de normalización do concello de Moaña, tivemos  no cole este obradoiro. Aproximación ao portugués, vendo a súa orixe común co galego e as semellanzas que existen entre ambas línguas.




" A regueifa entra nas aulas"

Dende o concello de Moaña, facilitousenos unha Xornada de "Poesía Improvisada como recurso educativo" .Aquí vos deixamos unha mostra deste obradoiro que realizamos o venres pasado na aula de quinto de primaria. Estivo xenial...



" Charla asociación Nós mesmas "

 O xoves tivemos no centro unha charla impartida pola asociación Nós mesmas sobre o tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas. Esta actividade, dirixida ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria, está enmarcada dentro das actividades programadas  no noso proxecto de igualdade.








martes, 2 de febrero de 2021

" Dìa da paz- conmemoración con grúas "

 
"Este ano inspirámonos na Historia de Sadako e as mil grúas"
 

    Según unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade se constrúes mil grullas de papel. A consigna de crear grullas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hirosima durante a Segunda Guerra Mundial. 
Sadako Sasaki tiña soamente dous anos cando esta bomba caeu nesta cidade onde ela vivía. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación que lle produxo dita bomba, foille diagnosticado unha Leucemia. 
    Estando no hospital a súa amiga Chizuco explicoulle á historia das 1000 grullas de papel, que consiste en que si desexas algo con moita forza, e constrúes ese número de grúas, os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas. É así, coma Sadako desexou curarse da súa enfermidade e para iso propúxose construír as grúas. Por desgracia, isto non foi posible posto que morreu cando había conseguido pregar 644 grullas de papel.
 
    Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, con esperanza de que se evitaran as guerras no futuro e se conseguira a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da súa morte, os nenos e nenas de toda a cidade de Hirosima adicáronlle unha estatua cunha grulla na súa man que se pode visitar no Parque de la Paz, desta cidade.




Ademáis o alumnado de terceiro agasallounos cun  baile (amenizado coa música da película Amelie) sen palabras para provocar unha reflexión sobre a importancia da calma e a tranquilidade á hora de resolver conflitos.