martes, 19 de enero de 2021

" Información dos prazos de matrícula para o curso 2021-2022"

 

NORMATIVA REGULADORA:

 ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

PRAZOS:

Configuración e oferta de prazas vacantes para o curso 2021-2022

Prazo para configurar a oferta ata o 26 de xaneiro

Prazo para validar a oferta do 18 de xaneiro ao 8 de febreiro.

 

Reserva de prazas en centros adscritos

Presentación das solicitudes do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

As familias deberán presentar na secretaría do centro o MODELO ED550A para facer a reserva de praza.

Presentación da SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Do 1 ao 20 de marzo.

Será preciso acudir á secretaría do centro e acompañar dita solicitude de: fotocopia libro de familia, certificado de empadronamento e fotocopia do DNI dos mesmbros da unidade familiar.

Presentación dos CRITERIOS DE BAREMACIÓN

10 días hábiles a partires dos 2 días seguintes ao remate para presentar solicitudes de admisión.

Só en caso de ser preciso baremar (de ser así o centro poríase en contacto coas familias).

Publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos e excluídos

 

Antes do  25 de abril

Exporase no taboleiro exterior do centro.

Período de RECLAMACIÓN ás listaxes provisionais.

No prazo de 5 días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais.

Será preciso acudir á secretaría do centro.

Publicación de listaxes DEFINITIVAS de admitidos e excluídos

 

Antes do 15 de maio.

Exporase no taboleiro exterior do centro.

Formalización de Matrícula

Período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño

O alumnado quedará formalmente matriculado no centro para o curso 2021-2022

ESTABLECE:

1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podían corresponderlle.

2º Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

AREA INFLUENCIA E ADSCRIPCIÓN:

Área de influencia

A Borna, Isamil, Acerval, A Moureira, Porta do Sol (ata o cruce coa estrada a Meira de Arriba) e Ribeira (ata a Illa de Bartolomeu)

Centros adscritos

I.E.S. As Barxas

 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO:

Plan Madruga

horario de 7.30 a 09.05 h. ofertado pola A.N.P.A.

Transporte Escolar

paradas en Cruce de Meira de Arriba; Porta do Sol;
Caiauga; Isamil e Rotonda do Concello, esta última é unha parada en precario

Comedor Escolar

horario de 14.05 a 16.00 h. xestionado pola Xunta de Galicia

 

" Prazas vacantes para o curso 20-21 "

 

  


C.E.I.P. A GUÍA

Isamil, 222-A.  36955 MEIRA-MOAÑA (Pontevedra).

Teléfono e fax: 886110266   Email:ceip.aguia@edu.xunta.es

 

Decreto de admisión de alumnado. Decreto 254/2012 do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26/12/2012).

Orde de admisión de alumnado.. ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2021 – 2022

CURSO

PRAZAS

4º Ed. Infantil

25 + (3 para alumnado con NEAE)

 

GRUPO MIXTO

5º Ed. Infantil y 6º Ed. Infantil)

1 (en caso de haber máis matrícula modificaríase o grupo mixto)

1º Ed. Primaria

15 +(3 para alumnado con NEAE)

2º Ed. Primaria

14

3º Ed. Primaria

14

4º Ed. Primaria

13

5º Ed. Primaria

19

6º Ed. Primaria

12

 

 

martes, 22 de diciembre de 2020

" Felicitación de nadal "

 Xa sabedes que este ano é diferente e coma non, as navidades tamén o serán. Nós dende aquí intentamos que o alumnado o sufra o menos posible e por iso quixemos facer unha felicitación diferente onde todos e todas puxeran o seu graniño de area. Espero que vos guste xa que está feito dende e para o corazón. Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e colaboración.

 MOI FELICES FESTAS E BRINDEMOS POR UN ANO ONDE PODAMOS VOLTAR A NOSA AÑORADA NORMALIDADE.

VÉMONOS O 8 DE XANEIRO.

FELICES VACACIÓNS E FELIZZZZZZZZZZZZZZZ ANO 2021



"Felicitación do profe Javier"

O noso querido e añorado mestre Javier quixo agasallarnos con esta mensaxe chea de ternura e cariño para toda a comunidade educativa. Esperamos que a gocedes tanto coma nós!

 O Neniño - YouTube

viernes, 4 de diciembre de 2020

" Artistas"

Hoxe no tempo de comedor, escoitei música na planta de arriba e como non, non puiden resistirme a ver quen producía esa música tan bonita e alegre. Cando subín, atopeime con esta fermosa estampa. Dous nenos/as de forma espontánea idearon como facer para poder tocar xuntos sen romper o grupo burbulla e aquí está o resultado. SIN PALABRAS; FERMOSO!



" 3 de novembro :día da discapacidade "

 Onte co motivo do día da discapacidade estivemos visionando diferentes cortos e reflexionando sobre os mesmos. 

- Cos caracois traballamos o conto " Por cuatro esquinitas de nada" e fixemos unha cadeneta de formas xeométricas para simbolizar que o noso cole é como o do conto onde teñen cabida todos os nenos e nenas.

- Cos elefanteosos visionamos a curtametraxe de Pip e traballamos o sistema de comunicación "Braille".

- Cos de primeiro o mesmo que os elefanteosos.

- Cos de segundo visionamos as curtametraxes de " Cuento del erizo" y "El perro que cambió la vida de un niño discapacitado".

- Cos de terceiro " O cazo de Lorenzo "

- Cos de cuarto " Tamara" e practicaron a linguaxe de signos.

- Cos de quinto reflexionamos sobre a curtametraxe de "Cuerdas".

- Cos de sexto reflexionamos con " The present ".























jueves, 3 de diciembre de 2020

" Te quiero (casi siempre) "

 O outro día, no obradoiro de Habilidades sociais, traballamos co conto  " Te quiero (casi siempre) ". Aos superelefantosos gustoulles tanto, tanto este conto que o grabamos para escoitalo moitas veces. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!