Coma cada oito de marzo no centro celebramos un acto conmemorativo co motivo do día da muller, no que alumnado de sexto de primaria (ALBA, SARAI e NICOLÁS. P.) redactou e leu un manifesto. Este acto veu precedido dun traballo de investigación sobre mulleres destacadas polo seu traballo ou polo seu recoñecemento. Este ano as mulleres escollidas foron internacionais, xa que cada clase, escolleu algunha muller importante ou destacada do país que están a traballar.
miércoles, 16 de marzo de 2022
" Día de Rosalía "
O 23 de febreiro conmemoramos coma todos os anos o día da nosa querida Rosalía. Este ano o alumnado de primaria traballou a súa vena literaria compoñendo poemas sobre ela e plasmandoos nuns abanicos que logo colocaron no recuncho do centro que lle adicamos a Rosalía.
No caso dos máis cativos, o que fixeron foi colorear un retrato da nosa escritora e logo debaixo escribir unha palabra e así entre todos compoñer o poema de "Adiós ríos , adiós fontes".
lunes, 14 de marzo de 2022
" Memoria histórica "
O alumnado de sexto de educación primaria tivo a sorte de poder visionar no centro o documental "Acorda " peza audiovisual producida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da música.
Despois deste visionado, invitamos a Monse Fajardo a que viñese ao centro a falarnos do documental xa que ela foi a responsable do asesoramento dos contidos.