O pasado xoves 18 de abril, tivemos o privilexio de coñecer a Iago Aspas, natural de Meira e que actualmente xoga na primeira plantilla do Real Club Celta de Vigo. Dedicounos unhas palabras, regalounos uns toques de balón e firmou a todo ao alumnado uns pósters agasallo da compañía telefónica VODAFONE.
Dende o centro, e especialmente o alumnado, quérenlle agradecer o detalle de regalarnos entradas para asistir o partido de Balaídos que enfrontaba o Real Club Celta de Vigo e o Real Zaragoza.
viernes, 26 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
" VISITA DE MANUEL FERVENZA "
O pasado venres 5 de abril, tivemos a sorte de que no noso cole dera o seu primeiro concerto en España Manuel Fervenza.Un coñecido cantante sueco, gañador dun programa radiofónico similar a Operación Triunfo.Estivo acompañado do seu sobriño, alumno deste centro, Ares, que tocou a batería. Aproveitamos para cantarlle o “Happy Birthday” porque estaba de cumpleanos.
Dende a área de Inglés, comprometémonos a aprender a súa canción máis coñecida “The lucky one”, grabarlla en vídeo e enviarlla. El, a cambio, colgaráa na súa páxina web.
Dámoslle, unha vez máis as grazas, pero agora dende o noso blogue, por un concerto inesquecible.
http://www.youtube.com/watch?v=y0QD7l5cloI

viernes, 12 de abril de 2013
" ALMORZOS SAUDABLES NA IDADE ESCOLAR "
Estimado Pai/Nai/Titor:
Os días 15,16,18 e 19, no colexio faremos unha actividade de Educación para a Saúde: "Almorzos saudables na idade escolar", en colaboración coa Delegación Provincial de Sanidade. O obxectivo e intentar que os rapaces coñezan a importancia que ten o almorzo como primeira comida do día.
Nestes días o teu fillo/a almorzará no colexio ás 9:05 h da mañá, deberá pois vir en xaxún.
É de interese, para ti pai/nai/titor, e sobre todo para o teu fillo/a, que veñas con el ese día, si che é posible, e interveñas na preparación.
Neste colexio lévase realizando esta actividade dende hai oito cursos; durante os cales os nenos coñeceron distintos tipos de almorzos: inglés, francés, mediterráneo...,polo que consideramos conveniente introducir un novo tipo de almorzo, seguindo así o noso obxectivo: conseguir que varíen a súa dieta sen deixar de ser saudable.
O almorzo que propoñemos este curso consistiría en :
O/A teu/túa fillo/a debe traer o seu enxoval: prato, vaso, culler e cepillo de dentes.
Se ten algunha enfermidade metabólica ou intolerancia aos alimentos, comunícallo ao seu/súa titor/a.
Se non pode ou non queres que acuda a esta actividade deberás notificalo por escrito ao titor/a ou a Dirección do centro.

- Macedonia tres froitas+ zume.
- Iogur natural (endulzado con mel ou azucre).
- Biscoito.
- Auga.
O/A teu/túa fillo/a debe traer o seu enxoval: prato, vaso, culler e cepillo de dentes.
Se ten algunha enfermidade metabólica ou intolerancia aos alimentos, comunícallo ao seu/súa titor/a.
Se non pode ou non queres que acuda a esta actividade deberás notificalo por escrito ao titor/a ou a Dirección do centro.
" OBRADOIROS DE COCIÑA"
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está a realizar un obradoiro de cociña. Buscaron receitas para traer á clase e comentalas. A posteriori, fixeron algunha receita propia.
Durante o tempo de recreo, por grupos, o alumnado cociña e degusta os produtos das receitas que eles mesmos escolleron con anterioridade.
Bo apetito! Que aproveite!
Bon appetit! Que aproveite!
Esta actividade tivo moito éxito entre o noso alumnado e agora todos están desexosos de asistir ao mesmo.

miércoles, 10 de abril de 2013
" VACANTES PARA O CURSO 2013-2014 "
As vacantes para o vindeiro curso son as seguintes:
- 4º de educación infantil---22 prazas + 3 prazas (a.c.n.e.a.e).
- 5º de educación infantil---8 prazas.
- 6º de educación infantil---15 prazas.
- 1º de educación primaria--10 prazas + 3 prazas (a.c.n.e.a.e.).
- 2º de educación primaria--14 prazas.
- 3º de educación primaria--14 prazas.
- 4º de educación primaria---4 prazas.
- 5º de educación primaria--14 prazas.
- 6º de educación primaria---9 prazas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)