viernes, 31 de marzo de 2017
" O alumnado de infantil visita a ludoteca de Moaña"
O luns 20 de Marzo os nenos e nenas de EWducación Infantil tivemos unha visita á ludoteca de Moaña. Primeiro fomo recibidos por Bibi e Sara que nos amosaron a Ludoteca e todo o que podemos facer nela e logo preparamos unhas fermosas paletas de pintores coas caras das súas mascotas LUDO e TECA. Despois de xogar e merendar xuntos saímos cara o parque do barco pirata onde corremos, saltamos, xogamos, rimos e disfrutamos … ¡xuntos!
viernes, 24 de marzo de 2017
" Descubrindo o bosque de Ribeira"
Tivemos unha charla no centro, dentro do programa de "Aprende Moaña" na que coñecemos un pouquiño máis o bosque de Ribeira.
" 3,2,1...Poesía"
Alumnado de quinto e de sexto fixeron un vídeo do poema de Rosalía " Adiós ríos, adiós fontes" para colaborar co colexio CEIP de MONTEMOGOS nunha das súas actividades que consistía en facer un vídeo-poema. Un pracer colaborar con vós.
https://www.youtube.com/channel/UCv7BH0jkCX5jdcEbfYMrK5g
https://www.youtube.com/channel/UCv7BH0jkCX5jdcEbfYMrK5g
martes, 21 de marzo de 2017
miércoles, 15 de marzo de 2017
"Avespa Velutina"
Onte estivo no centro Fran, mestre do IES Paralaia e membro da asociación de apicultores de Moaña, dándonos unha charla sobre as avespas velutinas ou asiáticas. Tanto das súas características coma dos seus perigos. Tamén aprendemos a facer trampas para atrapalas. Fixemos algunhas para a casa e outras para quedar no centro. Moitísimas grazas por dedicarnos un pouco do teu valioso tempo!
jueves, 9 de marzo de 2017
" Día da muller"
Onte asistimos ao concello para colocar o cadro que fixemos reproducindo unha obra de Nerina Acurso para conmemorar o día da muller
" Visita de María Solar"
Para nós foi un auténtico pracer coñecer este martes a María Solar que nos veu a falar do seu libro " A verdadeira historia da mosca da tele". Aprendemos moitas cousas sobre as moscas e nos enganchou coas súas anécdotas. Marabillosa escritora e mellor persoa. Moitas grazas por pasar unhas horas con nós.
miércoles, 8 de marzo de 2017
martes, 7 de marzo de 2017
jueves, 2 de marzo de 2017
" Nós tamén creamos"
Este curso o noso centro participa no proxecto “Nos tamén creamos!” organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do programa PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
“Nos tamén creamos!” é un programa de promoción da adquisición, uso e valoración da lingua galega na aula. Dentro deste programa crearemos unha curtametraxe en galego aplicando a técnica stop motion.
O centro foi dotado cunha colección de contos en galego de OQO Editora e entre eles escollemos o libro de …
¡A GUERRA DOS NÚMEROS!
Nas vindeiras semanas iremos contándovos como evoluciona o noso proxecto ata chegar á creación da nosa propia curtametraxe.
¡¡ Aquí deixámosvos un resumo dos inicios da nosa aventura !!
Desexamos que vos guste!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)