Hoxe saímos na prensa porque nos deron o primeiro accésit por participar en "Recíclate con Sogama", un proxecto enmarcado dentro do plan proxecta no cal está inmerso o centro. É o froito que obtivemos de este gran traballo levado a cabo por todos e todas (profesorado e alumnado, persoal de limpeza, coidadoras, etc).
Unha mención moi especial a nosa mestra Almudena Marcos por ser a coordinadora deste proxecto e por motivarnos a todos e a todas para sacalo adiante. O bo traballo ten a súa recompensa. Enhoraboa!!
A disfrutalo......
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2017/06/22/sogama-premia-colegio-guia-patrullas/1703354.html
jueves, 22 de junio de 2017
miércoles, 21 de junio de 2017
" Charla e exhibición sobre drons "
O pasado venres tivemos unha charla moi interesante no centro levada a cabo por Miguel (pai de Manuel Juncal) sobre os drons. Foi super interesante e aprendemos moitísimas cousas. Moitas grazas por visitarnos e sobre todo pola gran exhibición que nos fixeches. Temos que repetir. Grazasssss
viernes, 16 de junio de 2017
" Benvida ao novo alumnado "
Onte recibimos no cole ao alumnado que virá para o ano ao noso centro. Fixemos diferentes actividades, xogamos, merendamos e pasámolo xenial.
Rubén Gestido (alumnado de segundo de primaria) e a súa nai Sara presentáronnos Kahoot, unha ferramenta web 2.0 que nos permite crear xogos de preguntas e utilizar calquer dispositivo con conexión a internet.O xogo desenvólvese en tempo real, todos os xogadores participan á vez. Neste caso xogamos co xogo creado por Rubén sobre pintores modernos.Moitas grazas, foi xenial. Enhoraboa!
martes, 13 de junio de 2017
" Concerto didáctico"
O pasado mércores, todo o alumnado do centro asistiu ao concerto didáctico que todos os anos organiza a Escola Municipal de música de Moaña e que este ano levaba por título " CIRCUS MUSICUS".
jueves, 8 de junio de 2017
" Orientacións no patio do cole "
Suscribirse a:
Entradas (Atom)