viernes, 28 de junio de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
" Brilé de profesores"
Dentro do programa do I Torneo de Primavera incluíuse un partido de brilé onde participamos todo o profesorado do centro. Darlle a enhoraboa ao equipo gañador, o equipo B.
A mestra de Educación Física levou a cabo na última semana de xuño un Torneo de Primavera onde o alumnado, por ciclos, competiu en diferentes modalidades deportivas coma: baloncesto, balonmán, floorball, ultimate, brilé (incluído de profesorado), lebres e pañuelito.
This free picture slideshow created with Smilebox |
miércoles, 26 de junio de 2013
"ANUNCIO"
Os pais ou titores dos/as alumnos/as que remataron sexto de primaria, deberán recoller a documentación na secretaría do centro en horario de 10 a 14 h.
"COMEDOR ESCOLAR 2013-2014"
O comedor escolar o vindeiro curso, pasa a depender da Consellería de Educación. Os prezos serán os seguintes:
- 0 €.Unidades familiares con renda anual renta per cápita inferior a 7.000 €. Alumnos/as cun grado discapacidade = 33%.
- 1 € por día. Unidades familiares con renda anual per cápita de 7.000 a 8.000 €.
- 2,50 € por día. Unidades familiares con renda anual per cápita de 8.000 a 9.000 €.
- 4,50 € por día os demais usuarios.
" SAÍDA A CERCEDA"
Con motivo de que o alumnado de sexto de primaria, quedou de suplente no concurso ECOPREGUNTOIRO de radio voz, o centro (3º,4º,5º primaria) foi convidado a ir ao parque acuático de Cerceda na Coruña.
martes, 25 de junio de 2013
"Colaboración no novo disco de Susa Herrera"
O pasado venres 7 de xunio volveu a vir a noso centro a cantautora Susa Herrera para facer unha colaboración con ela. O alumnado de 1º, 3º, 4º e algún alumnado de 5º de primaria participaron na garavación dunha canción do seu novo libro-cd. Fixeron dúas versións unha en castelán "El elefante" e outra en galego "O elefante".
viernes, 14 de junio de 2013
" II SEMANA INTERNACIONAL DAS LINGUAS"
A semana pasada levouse a cabo por parte da mestra de inglés, a semana internacional das linguas, alternativa educativa que pretende acercar diferentes tipos de cultura ao alumnado do centro. Realizáronse actividades coma: degustación dun almorzo inglés, exposición de contos do mundo,contacontos en inglés, visionado de películas e traballo con cantigas en diferentes idiomas (portugués, finés, inglés, francés, italiano, galego...), etc.
Make your own free picture slideshow |
jueves, 6 de junio de 2013
" CONCURSO O LINGUAXEIRO "
Neste momento o alumnado de 5º e 6º de primaria, están inmersos nun concurso de lingua que ten como finalidade profundizar nos contidos do ciclo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)