Este ano para conmemorar o día dos dereitos da infancia, no obradoiro de polos creativos o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria fixemos un pequeno proxecto de investigación no que cada un e cada unha tiñamos unha tarefa asignada.
O primeiro que fixemos foi investigar cales son eses dereitos e eses deberes que temos como nenos e nenas. Trala investigación, decidimos facer un deseño o que se englobaban todos os dereitos e con este deseño crear uns banderíns para todo o cole e un quebracabezas coa cortadora láser para cada aula.Ademais, descubrimos o importante que era o traballo en equipo convertíndonos en escritores/as de historias e en ilustradores/as destas historias, onde o resultado foi a fermosa histora titulada "O rei inxusto".
Como a infancia relaciónase coa cor azul, decidimos vir todo o centro vestidos de azul e crear entre todos e todas o noso mural creativo, onde a única norma era empregar a cor azul. Quedounos precioso!!
O alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria, fixemos unha Ginkhana dos Dereitos da Infancia.
Esta actividade iniciouse co visionado dun video explicativo sobre os Dereito e Deberes da Infancia, e despois realizamos 9 probas diferentes (sopa de letras, aforcado, preguntas, ruletas...). Por cada proba superada, recibimos unha peza do quebracabezas ata conseguir as nove.
Foi unha xornada moi divertida e interesante na que aprendemos moitas cousas !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario