miércoles, 25 de marzo de 2026
" Sesión de Cine "
" A mellor sopa do mundo "
O pasado 18 de marzo o alumando de infantil, 1º, 2º e 3º EP, asistimos ao concerto didáctico da Escola de Música Municipal de Moaña no auditorio do IES As Barxas. Escoitamos o conto "A mellor sopa do mundo" mentres cantamos e bailamos a súa canción. Ademais, tivemos a oportunidade de escoitar os instrumentos en directo e desfrutar das diferentes pezas musicais que nos ofreceron.
Foi moi divertido!
" Xornada de Xogade "
Onte asistimos a unha xornada de atletismo nas pistas polideportivas da Xunqueira dentro do programa da Xunta de Galica Xogade.
" Entroido "
Moitas grazas a todas as familias que nos acompañaron no noso desfile pola contorna con motivo do entroido. Pasámolo xenial 😍!
" Jugger"
martes, 24 de marzo de 2026
" Día da muller traballadora "
O pasado día 9 de marzo, celebramos o día da muller traballadora levando a cabo diferentes dinámicas no centro. En educación infantil: a miña muller mais importante, contacontos de Arthur e Clementina e siluetas. No primeiro ciclo: o semáforo vermello da igualdade, música pola igualdade e quero ser de maior. No segundo ciclo: superheroína, xogo dos dereitos e adeviña quen son e no terceiro ciclo: rodadas tarefas, contos con heroínas (Carapuchiña) e rúas con nome de muller.
lunes, 23 de marzo de 2026
" Plantación de árbores "
O pasado 4 de marzo o noso alumnado de segundo de primaria, participou xunto con alumnado do resto dos centros de Moaña, na plantación de 130 árbores autóctonos no entorno medieval da torre de Meira. Dita iniciativa foi organizada polo Concello de Moaña e as tres comunidades de montes do municipio.



