O alumnado de 3º e 4º participaron o pasado xoves 28 de maio nun taller de corresponsabilidade que se realizou na biblioteca do centro.
domingo, 31 de mayo de 2026
" Obradoiro de corresponsabilidade "
" Visita do concello "
O alumnado de 4º realizou unha interesante visita guiada ao Concello de Moaña da man da concelleira de educación, Dolo, quen lles explicou con moita proximidade e entusiasmo o funcionamento das diferentes dependencias municipais.
" Retos de Golfi "
Aquí podedes ver a nosa actividade de biblioteca "Os retos de Golfi "
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/05/retos-de-golfi.html
jueves, 28 de mayo de 2026
" Charlas familiares "
Esta semana viu Carlos, o papá de Raúl, a contarnos cousas interesantes do seu traballo. Moitas grazas por vir 😊.
" Letras galegas "
Neste enlace podedes ver o que fixemos para conmemorar o día das letras galegas.
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/05/dia-das-letras-galegas.html
" Premios cómic "
Neste enlace poderedes ver e leer todo o relativo a nosa actividade levada a cabo dende a biblioteca " Banda deseñada "
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/05/concurso-de-banda-desenada.html
" Visita o plató da tvg en Santiago "
O pasado 7 de maio visitamos as instalacións do TVG en Santiago.
Primeiro ensináronnos os estudios de gravación, onde gravan a lingua de
signos que emiten nos diferentes programas, e logo o gran plató de TV
onde emiten o "Telexornal Mediodía" e o "Telexornal serán". A
continuación leváronnos ás instalacións da RADIO GALEGA e tivemos a
oportunidade de participar como público na sección "A bóla extra" dentro
do programa "Galicia por diante". Estivemos falando co presentador Kiko
Novoa, que nos preguntou sobre o tema das contrasinais.
Podedes vernos no vídeopodcast do seguinte enlace, no tempo 2:35:00.
https://www.agalegaaudio.gal/videos/359749-galicia-por-diante-en-video-07-05-2026
Foi unha experiencia única!
miércoles, 20 de mayo de 2026
" Contacontos en familia "
Esta semana tivemos a visita de Noa, a mamá de Oliver , para gozar dun momento agradable connosco coa lectura do conto "Monstruosa sorpresa". Foi un momento moi divertido para todos e todas porque despois puidemos facer as nosas propias construccións desenvolvendo a nosa creatividade.
martes, 19 de mayo de 2026
" Contacontos en familia "
Hoxe tivemos unha visita moi especial ! A mamá de Hugo e Raquel e o seu irmán pequeno estiveron no cole e contáronnos dous contos que nos gustaron moito, "¡Hermanos!" de Rocío Bonilla e "Nos tratamos bien" de Lucía Serrano . Logo fixéronnoss un xogo cunhas tarxetas con forma de televisión que tiñan unha frase sobre cada un/unha de nos e os demais tiñamos que adiviñar de quen falaba cada frase. Ademáis déreonnos de agasallo a nosa tarxeta coa fermosa frase que escribiron sobre nos. Grazas por compartir este fermoso momento con nos Iria e Martín!!
" CHARLA ASOCIACIÓN DOA – SAÚDE MENTAL"
A semana pasada tivemos no colexio membros e usuarios da asociación Doa de Saúde mental para darnos unha charla sobre os enfermidades mentais que podemos sufrir as persoas. DOA ten como misión a mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, ademáis da defensa dos seus dereitos e a representación dos seus asociados. É unha asociación de acollida, apoio, autoaxuda, atención e representación das persoas con problemáticas de saúde mental, que proxecta interna e externamente un discurso normalizador das enfermidades mentais.
Mediante o relato de experiencias
propias, fixéronnos partícipes das súas realidades, amosando unha situación,
moitas veces descoñecida e ignorada pola maioría da sociedade.
" Obra de teatro: vuela pluma "
O pasado xoves día 7 de maio o alumnado de infantil realizou unha xornada de convivencia co alumnado do CEIP de Domaio indo visitar o teatro a fundación de Vigo. Foi unha experiencia moi divertida e novidosa. Pasámolo xenial.
lunes, 18 de mayo de 2026
" Xornada de convivencia con Afamo "
O pasado cinco de maio, tivemos unha xornada de convivencia cos/as usuarios/as e traballadoras de Afamo, con Xabier Blanco e cos/as compañeiros/as do CEIP de Tirán. O tempo non nos permitiu celebrala na carballeira de San Martiño pero non nós impediu gozar dunha marabillosa mañá de convivencia e respecto no alto da praza de Moaña. Preciosa xornada cargada de valores, tradición e música.







