Mostrando entradas con la etiqueta tv. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tv. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de enero de 2026

MES da CIENCIA

Xa sabedes que este ano o proxecto do cole "A GUIA TV" estará vinculado á CIENCIA e aproveitando o mes da ciencia en 5º de EP convertímonos en científic@s.

Neste mes estivemos a traballar os pasos imprescindibles do MÉTODO CIENTÍFICO: facernos PREGUNTAS, INVESTIGAR por varios medios dixitais, orais, impresos..., REALIZAR experimentos, OBSERVAR pacienctemente, crear HIPÓTESIS e sacar CONCLUSIÓNS.

Neste vídeo podedes ver algunhas cousiñas das que gozamos durante estes meses xunt@s.




E despois destas investigacións Nico trouxo a clase un proxecto moi interesante: Facer un ECOSISTEMA TERRESTRE na aula e ver se éramos quen de mantelo vivo. 
Aquí tendes un resumo do proceso.


Animámosvos a facer un para a vosa casa e observalo!!!

(Por se alguén quere facer este experimento na casa non colgaremos no blog ás nosas conclusións pero se queredes sabela só tendes que preguntar ao alumnado de 5º de EP. )

NORABOA  CIENTÍFIC@S!!!!



 

OBRADOIROS de TEATRO


Neste trimestre estamos de volta cos OBRADOIROS de TEATRO ao redor do proxecto "A GUÍA TV".
Neste actividade traballamos en equipo, con xogos cooperativos e colaborativos. 
Poñendo a proba a confianza nos demáis e en nós mesmos e por suposto con xogos relacionados coa creatividade, oralidade e a dramatización onde prima a motivación e a diversión.