Os nenos e nenas de primero e segundo tiveron un obradoiro moi especial. Andrea P., Lorena e Andrea axudáronnos a preparar unha manualidade de Samaín relacionada co noso Proxecto de A Guía Titiriteira. Con moita paciencia e agarimo ensinaronnos como facer uns simpáticos monicreques de bruxas que agora decoran as nosas aulas e que levaremos para casa no Samaín.
jueves, 22 de octubre de 2026
" Obradoiros mamás "
viernes, 9 de octubre de 2026
" Inventando historias "
Deixámosvos o enlace do noso blog de biblioteca para que lle votedes un ollo ao traballo realizado polo alumnado de infantil no obradoiro dos mércores.
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/10/inventando-historias.html
viernes, 5 de junio de 2026
domingo, 31 de mayo de 2026
" Obradoiro de corresponsabilidade "
O alumnado de 3º e 4º participaron o pasado xoves 28 de maio nun taller de corresponsabilidade que se realizou na biblioteca do centro.
" Retos de Golfi "
Aquí podedes ver a nosa actividade de biblioteca "Os retos de Golfi "
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/05/retos-de-golfi.html
jueves, 28 de mayo de 2026
" Charlas familiares "
Esta semana viu Carlos, o papá de Raúl, a contarnos cousas interesantes do seu traballo. Moitas grazas por vir 😊.
" Letras galegas "
Neste enlace podedes ver o que fixemos para conmemorar o día das letras galegas.
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/05/dia-das-letras-galegas.html
" Premios cómic "
Neste enlace poderedes ver e leer todo o relativo a nosa actividade levada a cabo dende a biblioteca " Banda deseñada "
https://biblioaguia.blogspot.com/2026/05/concurso-de-banda-desenada.html
miércoles, 20 de mayo de 2026
" Contacontos en familia "
Esta semana tivemos a visita de Noa, a mamá de Oliver , para gozar dun momento agradable connosco coa lectura do conto "Monstruosa sorpresa". Foi un momento moi divertido para todos e todas porque despois puidemos facer as nosas propias construccións desenvolvendo a nosa creatividade.
martes, 19 de mayo de 2026
" Contacontos en familia "
Hoxe tivemos unha visita moi especial ! A mamá de Hugo e Raquel e o seu irmán pequeno estiveron no cole e contáronnos dous contos que nos gustaron moito, "¡Hermanos!" de Rocío Bonilla e "Nos tratamos bien" de Lucía Serrano . Logo fixéronnoss un xogo cunhas tarxetas con forma de televisión que tiñan unha frase sobre cada un/unha de nos e os demais tiñamos que adiviñar de quen falaba cada frase. Ademáis déreonnos de agasallo a nosa tarxeta coa fermosa frase que escribiron sobre nos. Grazas por compartir este fermoso momento con nos Iria e Martín!!
" CHARLA ASOCIACIÓN DOA – SAÚDE MENTAL"
A semana pasada tivemos no colexio membros e usuarios da asociación Doa de Saúde mental para darnos unha charla sobre os enfermidades mentais que podemos sufrir as persoas. DOA ten como misión a mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, ademáis da defensa dos seus dereitos e a representación dos seus asociados. É unha asociación de acollida, apoio, autoaxuda, atención e representación das persoas con problemáticas de saúde mental, que proxecta interna e externamente un discurso normalizador das enfermidades mentais.
Mediante o relato de experiencias
propias, fixéronnos partícipes das súas realidades, amosando unha situación,
moitas veces descoñecida e ignorada pola maioría da sociedade.
miércoles, 29 de abril de 2026
" Obradoiro con Xavier Blanco da man de Afamo "
Visita ao centro de Xavier Blanco e Romina para preparar co alumnado de terceiro e cuarto a xornada de convivencia cos usuarios/as de Afamo que se levará a cabo na carballeira de San Martiño no mes de maio. Ese día crearemos xuntos un maio e cantaremos a cantiga inventada na aula nesta xornada.
martes, 21 de abril de 2026
" Regueifeando "
O pasado mércores tivo lugar unha nova edición do certame de Regueifa co alumnado de 5º de primaria dos centros de ensino de Moaña.
lunes, 20 de abril de 2026
" Busca de ovos "
A finais de marzo, dende o equipo de biblioteca, organizouse unha actividade moi divertida na que participou todo o alumnado. Tratábase dunha busca de ovos por todo o centro, seguindo diferentes pistas que nos ían guiando cara onde tiñamos que ir. Para poder avanzar, tivemos que pensar, fixarnos ben e traballar en equipo. Pouco a pouco fomos superando as pistas ata chegar ao noso obxectivo final: atopar o cofre con ovos.
Foi unha actividade chea de emoción, sorpresas e moitas risas.
miércoles, 25 de marzo de 2026
" Xornada de Xogade "
Onte asistimos a unha xornada de atletismo nas pistas polideportivas da Xunqueira dentro do programa da Xunta de Galica Xogade.
" Jugger"
lunes, 19 de enero de 2026
" Obradoiro de apicultura "
O luns tivemos a sorte de contar con Dani Currás, apicultor do Concello de Moaña, que nos explicou un montón de cousas interesantes sobre as abellas: como son, onde viven, onde teñen os seus sentidos, como se organizan, os tipos que hai...Así mesmo, falounos dos seus productos. Tivemos a sorte de degustar dous deles: mel e pole.
miércoles, 14 de enero de 2026
ORALIDADE en 5º de EP
OBRADOIROS de TEATRO
miércoles, 17 de diciembre de 2025
" Semana da diversidade"
Visitamos o centro ocupacional Juan XXIII onde vivimos unha experiencia única compartindo cos/as usuarios/as o seu traballo nos diferentes obradoiros.
Tamén tivemos a sorte de que nos visitaran "DisCamino " asociación que se encarga de facer realidade que a xente con discapacidade poidan facer o camiño de Santiago. Unha experiencia maravillosa da que aprendemos un montón de cousas e que nos chegou ao corazón.
Vivenciamos a discapacidade mediante unha serie de xogos ou dinámicas onde nos tiñamos que poñer no seu lugar e así experimentar como se senten en situacións da vida cotiá.
Como colofón final a esta semana de actividades, plasmamos a nosa pegada nun mural para conmemorar o día 3 de decembro, día mundial da discapacidade.











