O venres 15 de maio celebramos no colexio o Día da Familia e convidamos ás familias a participar con nós nunha gynkana.
Esta gynkana consistía en realizar diferentes xogos polo patio.
Todo o mundo tiña que participar en todos os xogos, así que alumnado e familias dirixidos polo profesorado, participaron en dúas roldas de sete xogos cada unha.
A variedade de xogos (xogos de auga, colaborativos, de destreza...) puxeron a nota de diversión nun día de convivencia que non esqueceremos.
Ao acabar a gynkana merendamos todos xuntos no patio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario