Xa sabedes que este ano o proxecto do cole "A GUIA TV" estará vinculado á CIENCIA e aproveitando o mes da ciencia en 5º de EP convertímonos en científic@s.
Neste mes estivemos a traballar os pasos imprescindibles do MÉTODO CIENTÍFICO: facernos PREGUNTAS, INVESTIGAR por varios medios dixitais, orais, impresos..., REALIZAR experimentos, OBSERVAR pacienctemente, crear HIPÓTESIS e sacar CONCLUSIÓNS.
Neste vídeo podedes ver algunhas cousiñas das que gozamos durante estes meses xunt@s.
E despois destas investigacións Nico trouxo a clase un proxecto moi interesante: Facer un ECOSISTEMA TERRESTRE na aula e ver se éramos quen de mantelo vivo.
Aquí tendes un resumo do proceso.
Animámosvos a facer un para a vosa casa e observalo!!!
(Por se alguén quere facer este experimento na casa non colgaremos no blog ás nosas conclusións pero se queredes sabela só tendes que preguntar ao alumnado de 5º de EP. )
NORABOA CIENTÍFIC@S!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario