martes, 3 de noviembre de 2026

" FESTIVAL DE TÍTERES "

 Non houbo mellor xeito de arrincar o curso que cun Festival de Artistas!

O primeiro día transformamos o cole nun gran escenario con 7 estacións artísticas. Por grupos o alumnado foi rotando e tocoulles facer de todo: bailaríns, malabaristas, equilibristas, acróbatas e ata magos ou prestidixitadores.

Risas, creatividade e moitísimo talento para un inicio de curso que foi todo un éxito.








lunes, 2 de noviembre de 2026

" Familias lectoras en educación infantil "

 Maika e Lara visitáronnos a semana pasada para contarnos contos. A verdade que o pasamos xenial. Encántanos que as familias veñan compartir con nós á hora da lectura.

 https://biblioaguia.blogspot.com/2026/11/familias-lectoras-en-educacion-infantil.html

" EN SAMAÍN CON SUMO COIDADÍN "

O alumnado de infantil e primaria converteuse en experto en consumo responsable grazas ao obradoiro “En Samaín con sumo coidadín”, celebrado do venres 16 de outubro e ofertado dende A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

A través de contos, xogos e manualidades, aprendemos a elixir disfraces seguros, que indiquen a composición, que non sexan inflamables ou que non conteñan pezas pequenas.

Os máis pequenos gozaron con Cabaciña quere disfrazarse e fixeron a súa cabaza. 1º e 2º cazaron os 7 erros de Samaín e deseñaron máscaras e de 3º a 6º convertéronse en inspectores de etiquetas.

Foi unha mañá de moito medo e moita aprendizaxe!