lunes, 2 de noviembre de 2026

" EN SAMAÍN CON SUMO COIDADÍN "

O alumnado de infantil e primaria converteuse en experto en consumo responsable grazas ao obradoiro “En Samaín con sumo coidadín”, celebrado do venres 16 de outubro e ofertado dende A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

A través de contos, xogos e manualidades, aprendemos a elixir disfraces seguros, que indiquen a composición, que non sexan inflamables ou que non conteñan pezas pequenas.

Os máis pequenos gozaron con Cabaciña quere disfrazarse e fixeron a súa cabaza. 1º e 2º cazaron os 7 erros de Samaín e deseñaron máscaras e de 3º a 6º convertéronse en inspectores de etiquetas.

Foi unha mañá de moito medo e moita aprendizaxe!




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario