A semana pasada tivemos no colexio membros e usuarios da asociación Doa de Saúde mental para darnos unha charla sobre os enfermidades mentais que podemos sufrir as persoas. DOA ten como misión a mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, ademáis da defensa dos seus dereitos e a representación dos seus asociados. É unha asociación de acollida, apoio, autoaxuda, atención e representación das persoas con problemáticas de saúde mental, que proxecta interna e externamente un discurso normalizador das enfermidades mentais.
Mediante o relato de experiencias
propias, fixéronnos partícipes das súas realidades, amosando unha situación,
moitas veces descoñecida e ignorada pola maioría da sociedade.


No hay comentarios:
Publicar un comentario