lunes, 20 de abril de 2026

" Busca de ovos "

 A finais de marzo, dende o equipo de biblioteca, organizouse unha actividade moi divertida na que participou todo o alumnado. Tratábase dunha busca de ovos por todo o centro, seguindo diferentes pistas que  nos ían guiando cara onde tiñamos que ir. Para poder avanzar, tivemos que pensar, fixarnos ben e traballar en equipo. Pouco a pouco fomos superando as pistas ata chegar ao noso obxectivo final: atopar o cofre con ovos.

Foi unha actividade chea de emoción, sorpresas  e moitas risas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario