NORMATIVA REGULADORA:
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
PRAZOS:
Configuración e oferta de prazas vacantes para o curso 2021-2022 | Prazo para configurar a oferta ata o 26 de xaneiro Prazo para validar a oferta do 18 de xaneiro ao 8 de febreiro. | |
Reserva de prazas en centros adscritos | Presentación das solicitudes do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro | As familias deberán presentar na secretaría do centro o MODELO ED550A para facer a reserva de praza. |
Presentación da SOLICITUDE DE ADMISIÓN | Do 1 ao 20 de marzo. | Será preciso acudir á secretaría do centro e acompañar dita solicitude de: fotocopia libro de familia, certificado de empadronamento e fotocopia do DNI dos mesmbros da unidade familiar. |
Presentación dos CRITERIOS DE BAREMACIÓN | 10 días hábiles a partires dos 2 días seguintes ao remate para presentar solicitudes de admisión. | Só en caso de ser preciso baremar (de ser así o centro poríase en contacto coas familias). |
Publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos e excluídos | Antes do 25 de abril | Exporase no taboleiro exterior do centro. |
Período de RECLAMACIÓN ás listaxes provisionais. | No prazo de 5 días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais. | Será preciso acudir á secretaría do centro. |
Publicación de listaxes DEFINITIVAS de admitidos e excluídos | Antes do 15 de maio. | Exporase no taboleiro exterior do centro. |
Formalización de Matrícula | Período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño | O alumnado quedará formalmente matriculado no centro para o curso 2021-2022 |
ESTABLECE:
1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que podían corresponderlle.
2º Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
AREA INFLUENCIA E ADSCRIPCIÓN:
Área de influencia | A Borna, Isamil, Acerval, A Moureira, Porta do Sol (ata o cruce coa estrada a Meira de Arriba) e Ribeira (ata a Illa de Bartolomeu) |
Centros adscritos | I.E.S. As Barxas |
SERVICIOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO:
Plan Madruga | horario de 7.30 a 09.05 h. ofertado pola A.N.P.A. |
Transporte Escolar | paradas en Cruce de Meira de Arriba; Porta do Sol; |
Comedor Escolar | horario de 14.05 a 16.00 h. xestionado pola Xunta de Galicia |