lunes, 28 de junio de 2021

" Buscarlle o ser xa é de todo o mundo "

Grazas o concello por vir a colocar o noso panel na praia do Cocho para dar a coñecer o noso documental " Buscarlle o ser "a tod@s persoas que pasen polo Cocho. Este panel foi diseñado polo alumnado de cuarto de primaria e nel atoparedes un código QR que  enlaza con dito documental. 

Aquí vos deixamos o enlace coa noticia que saíu na prensa.

https://morrazonoticias.com/alumnos-do-colexio-da-guia-de-moana-recordan-a-historia-da-canteira-do-cocho/






 

" Semana de actividades "

 

Todo o alumnado do centro gozamos dunha semana de diferentes actividades como remate deste ano.O alumnado de educación infantil realizou sesións de aérobic e buca do tesouro, o alumnado do primeiro ciclo realizou sesións de habilidades xinásticas e busca do tesouro , o segundo ciclo sesións de aérobic e xincana e o alumnado de terceiro ciclo sesións de xincana e scape room.

 



 














"Carballeira de Bronlle "

 O alumnado de quinto de educación primaria como saída de fin de curso foi ata a Carballeira de Bronlle.




















 

miércoles, 16 de junio de 2021

"Cartelera"

 Aquí vos deixamos a cartelera do noso Festival de Curtametraxes que estamos levando a cabo no cole esta semana. Proximamente colgaremos as curtametraxes para que poidades gozar con elas tanto coma o estamos a facer nós.


"Leticia visita a Guía"


O producto final do noso Proxecto Interdisciplinar de Centro deste ano "O cine", foi a elaboración de curtametraxes de diferentes xéneros. No caso do alumnado de cuarto de educación primaria, estes decantáronse polo cine documental, realizando unha curtametraxe sobre a historia da canteira do Cocho titulado "Buscarlle o ser".

O alumnado deste curso deu ao seu traballo unha perspectiva social ao solicitar ao concello a colocación no Cocho dun panel informativo cun código QR que enlaza ao visionado de dito documental. 

O contacto cos membros da alcaldía e a formulación de solicitudes forma parte da educación cidadá e fai das/dos rapazas/rapaces participantes activos da sociedade na que viven.

Esta iniciativa tivo un acollida moi positiva por parte do Concello o que levou a que a propia alcaldesa Leticia Santos acompañada da Concelleira de Educación Dolores Chapela e a Tenente Alcaldesa Marta Freire acudiran ao noso centro a coñecer esta iniciativa de primeira man. 

Temos que agradecer sinceramente a súa cercanía e agarimo cara eles/as. Moitísimasssssssssssssssssssss grazassssssssssssssss!

 















"Visitando os monumentos de Moaña"

 O alumnado de terceiro de primaria visitou o pasado xoves día 10 os diferentes monumentos de Moaña. Nesta salida didáctica estivemos acompañados polo escultor Lito Portela, quen nos serviu de guía e explicounos as historias de todas as esculturas que visitamos. Esta actividade forma parte do programa "Aprende Moaña" do Concello de Moaña.