sábado, 27 de marzo de 2021

" Participar, un dos nosos dereitos "

Esta semana o alumnado de sexto de educación primaria tivo un obradoiro da empresa Atelier Social , que vai ser a encargada de dinamizar a participación da infancia e adolescencia na vida municipal mediante unha iniciativa posta en marcha polo concello de Moaña denominada " Participar, un dos nosos dereitos" e trata de achegar ao alumnado información sobres os seus dereitos de infancia, especialmente a participar e a ser escoitados, pero tamén construír unha ponte de comunicación deles e o seu profesorado cos representantes políticos.




lunes, 22 de marzo de 2021

" Caranvexo TV "

Aquí vos deixamos o enlace para poder gozar do noso novo programa na canle Caranvexo Tv. Esperamos que vos guste tanto coma a nós facelo!

https://caranvexo.gal/index.php/centros-tv/category/ceip-a-guia

miércoles, 17 de marzo de 2021

" Campaña: 21 días en galego"

 Nós tamén colaboramos coa campaña organizada polo Concello de Moaña " 21 días en galego". Este ano, para todos aqueles/as que cumprimos o noso compromiso agasalláronnos cunhas camisetas super chulas. Grazasssssssssssssss!







" Obradoiro de habilidades e competencias sociais "

 A continuación poderedes ver uns vídeos dalgunha das dinámicas que levamos a cabo tanto en educación infantil coma en educación primaria no noso obradoiro mensual para o desenvolvemento da adquisición de habilidades e competencias sociais.



martes, 16 de marzo de 2021

" 8 de marzo: DÍA DA MULLER "

 Imos deixarvos aquí uns vídeos onde o alumando expón a bibliografía traballada nos seus respectivos grupos sobre mulleres que tiveran algún tipo de relación co cine: directoras, actrices, guionistas, productoras...




" 24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro "

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos no cole para conmemorar o 24 de febreiro " Día de Rosalía de Castro".



lunes, 15 de marzo de 2021

" Os ecosistemas "

 O alumnado de quinto de educación primaria, baixou a praia a realizar unha tarefa de observación e rexistro de información. Esta actividade xurde dentro da área de ciencias naturais na que están a traballar os ecosistemas. Encantounos...!!!