jueves, 31 de marzo de 2022

 O alumnado de sexto de educación primaria tivo unha sesión de formación, da man de Atelier Social, sobre o tema Saúde e Benestar, obxectivo 3 de desenvolvemento sostible enmarcado dentro da Exenda 2030.

Esta sesión serviunos para ir preparando a nosa argumentación que levaremos a cabo no vindeiro pleno infantil que se celebre no Concello de Moaña, sobre dita temática.












Por fin realizamos unha saída............Nesta ocasión os privilexiados foron os de terceiro e cuarto de primaria que visitaron o Parque Natural Monte Aloia. Alí fixeron diferentes actividades coma: coñeceron o que era un espazo protexido, no centro de visitantes, mediante xogos, aprenderon curiosidades da fauna e da flora da zona e fixeron unha ruta pola senda botánica. A verdade que o pasaron xenial!












































viernes, 18 de marzo de 2022

 Ao redor de 300 alumnos dos sete colexios de Moaña viviron unha xornada de convivencia na natureza coa plantación de árbores autóctonas (ao redor de 700 especies autóctonas frondosas como sobreiras, carballos, freixos, faias, bidueiros, loureiros, castiñeiros, cerdeiras, acevos, nogueiras e érbedos) nos montes de Moaña dentro do programa Aprende Moaña. Despois dun ano sen poder realizar a actividade do día da árbore por mor da pandemia, retomouse a celebración deste día co alumnado de segundo de primaria e tamén co alumnado de terceiro debido a que o ano pasado non se puido celebrar o Día da Árbore.

Trátase dunha actividade na que as tres comunidades de montes de Moaña, a de Domaio e, Meira , colaboran na súa realización posibilitando un encontro das crianzas coa natureza e a súa contorna. Este ano a comunidade de montes anfitrioa foi a comunidade de montes de Moaña e o lugar elixido para levala a cabo foi a contorna do miradoiro da Fraga, onde rapaces e rapazas de Moaña se xuntaron para plantar árbores autóctonas e gozar dunha xornada no monte e das actividades organizadas.

Os nenos e nenas foron recibidos pola concelleira de Ensino, Dolores Chapela e  polo presidente da Comunidade de Montes de Moaña, David Faria.

Despois de recuperar forzas coa merenda a rapazada gozou dunha animada actuación musical con Cé Orquestra Pantasma e tamén se contou coa presenza de axentes forestais do distrito que mostraron os seus equipos e fixeron unha demostración coa motobomba.