martes, 22 de diciembre de 2020

" Felicitación de nadal "

 Xa sabedes que este ano é diferente e coma non, as navidades tamén o serán. Nós dende aquí intentamos que o alumnado o sufra o menos posible e por iso quixemos facer unha felicitación diferente onde todos e todas puxeran o seu graniño de area. Espero que vos guste xa que está feito dende e para o corazón. Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e colaboración.

 MOI FELICES FESTAS E BRINDEMOS POR UN ANO ONDE PODAMOS VOLTAR A NOSA AÑORADA NORMALIDADE.

VÉMONOS O 8 DE XANEIRO.

FELICES VACACIÓNS E FELIZZZZZZZZZZZZZZZ ANO 2021



"Felicitación do profe Javier"

O noso querido e añorado mestre Javier quixo agasallarnos con esta mensaxe chea de ternura e cariño para toda a comunidade educativa. Esperamos que a gocedes tanto coma nós!

 O Neniño - YouTube

viernes, 4 de diciembre de 2020

" Artistas"

Hoxe no tempo de comedor, escoitei música na planta de arriba e como non, non puiden resistirme a ver quen producía esa música tan bonita e alegre. Cando subín, atopeime con esta fermosa estampa. Dous nenos/as de forma espontánea idearon como facer para poder tocar xuntos sen romper o grupo burbulla e aquí está o resultado. SIN PALABRAS; FERMOSO!



" 3 de novembro :día da discapacidade "

 Onte co motivo do día da discapacidade estivemos visionando diferentes cortos e reflexionando sobre os mesmos. 

- Cos caracois traballamos o conto " Por cuatro esquinitas de nada" e fixemos unha cadeneta de formas xeométricas para simbolizar que o noso cole é como o do conto onde teñen cabida todos os nenos e nenas.

- Cos elefanteosos visionamos a curtametraxe de Pip e traballamos o sistema de comunicación "Braille".

- Cos de primeiro o mesmo que os elefanteosos.

- Cos de segundo visionamos as curtametraxes de " Cuento del erizo" y "El perro que cambió la vida de un niño discapacitado".

- Cos de terceiro " O cazo de Lorenzo "

- Cos de cuarto " Tamara" e practicaron a linguaxe de signos.

- Cos de quinto reflexionamos sobre a curtametraxe de "Cuerdas".

- Cos de sexto reflexionamos con " The present ".























jueves, 3 de diciembre de 2020

" Te quiero (casi siempre) "

 O outro día, no obradoiro de Habilidades sociais, traballamos co conto  " Te quiero (casi siempre) ". Aos superelefantosos gustoulles tanto, tanto este conto que o grabamos para escoitalo moitas veces. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!



" Parrotín "

Os Elefantosos este curso temos unha mascota que se chama Parrot.

Grazas a Parrot e ao seu fillo Parrotín, aprendemos moitísimas cousas en Inglés.

Mostrámosvos un vídeo coa marabillosa historia de Parrotín.