viernes, 29 de abril de 2022

" Plan director "

 Esta semana, como todos os anos, o alumnado de quinto e sexto de educación primaria, tivo a visita da garda civil para falar dos perigos que pode entrañar un uso inadecuado das redes sociais.


 

" Obradoiro afectivo-sexual "

 Esta semana o alumnado de sexto de educación primaria tivo a segunda sesión do obradoiro afectivo-social ofertado polo Concello de Moaña. Nesta ocasión o obradoiro correo a cargo de Marta Iglesias Pérez, matrona e sexóloga.

 



miércoles, 20 de abril de 2022

" Visita Eva Mejuto "

 Hoxe visitounos a escritora Eva Mejuto para contarnos a nova de que quería escribir unha continuación do conto " Dez gatiñas viaxeiras ". Pedíunos que lle axudáramos con ideas que lle inspiraran e iso intentamos facer. Pasámolo de maravilla e dímoslle uns agasallos que fixemos.

 

" Os bolechas tocan nunha banda de música "

 Onte, estiveron no cole, Ana e Hugo (membros da directiva da banda de música de Moaña) xunto coa Concelleira de Ensino Dolores Chapela para agasallarnos co libro " Os bolechas tocan nunha banda de música " e a súa unidade didáctica. Moitas grazas por este detalle e por acercarnos un pouquiño a vosa realidade.






 

martes, 19 de abril de 2022

" Aprendemos da Apicultura "

 Hoxe tivemos o pracer de contar no centro con Dani, un apicultor de Moaña, que nos veo a explicar a importancia que teñen as abellas na natureza polo proceso de polinización, explicarnos cales son os compoñentes dunha colmea e as súas funcións dentro dela dependendo da época na que se encontre. Amosounos unha colmea, cera e diferentes utensilios que se empregan para sacar o mel, pole e demais produtos que producen as abellas. Todo isto, foi acompañado duns vídeos para que o entenderan mellor. Rematamos cunha degustación de pole e de mel. Encantounos a actividade.



" Charla afectivo- sexual "

Hoxe empezamos o trimestre con ganas e con actividades ofertadas dende o concello de Moaña. A primeira actividade que tivemos foi unha charla afectivo- sexual levada a cabo pola psicóloga Andrea Sieiro Paz para o alumnado de sexto de educación primaria. A verdade que estivo xenial como enfocou o tema para empatizar co alumnado.



sábado, 9 de abril de 2022

" Chocolatada "

 O alumnado de infantil e primeiro ciclo estivo facendo estos días figuras de chocolate: pagodas, torre Eiffel, galos e pirámides. Figuras que están relacionadas co país que están a traballar nas diferentes aulas. Esta actividade tivo o seu colofón final degustando uns chocolates con churros no bar no barrio. A verdade que o pasamos xenial e queremos repetirrrrrrrrrrrrrrrrr!



" A nosa montaxe sobre o entroido "

 Dous alumnos/as de cuarto de educación primaria elaboraron unha montaxe do entroido, aquí deixámosvos o resultado do froito do seu traballo. Moitas grazas a Paulo e a Valentina por ofrecerse para facelo.



" O traballo en educación infantil "

 Aquí deixamovoss un vídeo do alumnado de educación infantil e de cómo aprenden xogando no seu día a día. Esperamos que vos guste!