jueves, 29 de abril de 2021

" Visita de Yaiza: ilustradora e diseñadora de cómics "

 Dentro do proxecto dos superheroes e superheroínas, o alumnado de educación infantil investigou en que consistía un cómic. Tras a elaboración das súas propias viñetas, tivemos a visita de Yaiza, unha xoven diseñadora e ilustradora de cómics  de Cangas.Ten dous cómics publicados para adultos en colaboración con outros/as compañeiros/compañeiras de profesión. Está pendente de publicar en solitario outro novo proxecto, con tan só 22 aniños. Pasámolo super ben e encantounos coñecer a Yaiza e a súa arte. Grazassssssssssss por vir visitarnos!




 









miércoles, 28 de abril de 2021

" 23 de abril -DÍA DO LIBRO "

 Estamos preparando unha montaxe coas actividades que fixemos polo día do libro...pero mentras aquí vos deixamos un agasallo do alumnado de infantil que elaboraron o seus propios cómics.

 


 

miércoles, 21 de abril de 2021

 O pasado mércores, o alumnado de quinto de primaria, participou nun taller de iniciación a fotografía, que se puxeron en marcha a través da Concellería de Ensino do Concello. A súa duración foi de dúas horas e estiveron orientadas ao inicio no mundo da fotografía e a aprender as reglas básicas desta arte de forma didáctica e divertida. Tivemos a oportunidade de crear o noso propio proxector mediante o método da cámara escura. Encantounos a actividade. Moitas grazassssssssssssss!






































proxecto “Moaña Libre de Plásticos” participando nunhas xornadas de concienciación e sensibilización sobre a contaminación mariña que se levaron a cabo no centro grazas ao patrocinio do CONCELLO DE MOAÑA.

Nesta formación abordáronse todos os temas relacionados coa orixe e aparición de residuos plásticos nos ecosistemas mariños, tipoloxías de plásticos, sustancias tóxicas que conteñen e o seu impacto negativo no medio mariño. O obxectivo da formación consistíu en ensinar como se pode axudar a mitigar o nivel de contaminación plástica na nosa entorna e poder desenvolver estas boas prácticas dentro do  Concello de Moaña.   

Desta forma “Moaña Libre de Plásticos” cumpriría co obxectivo de concienciar e sensibilizar a poboación máis xoven do concello, converténdose en persoas prescritoras para as súas familias e achegados e conseguir así que a mensaxe teña un impacto multiplicador.  

 





miércoles, 7 de abril de 2021

" Entrega premios Asociación de Veciños NovaMeira "

 A asociación de veciños NovaMeira tivo a marabillosa idea de pedir a colaboración dos coles para diseñar o seu logotipo. Dous dos nosos alumnos resultaron ser finalista (Ahren) e o gañador (Nico) polo que estamos super contentos e orgullosos deles.

Moitas grazas a asociación por esta iniciativa e polo trato recibido. Aquí vos deixammos retratado o momento da entrega dos cheques aos premiados.